A situación do sector audiovisual galego nestes momentos é máis propio dunha pelÃcula de ciencia ficción. Principalmente porque é imposible obter cifras reais que nos permitan facer unha radiografÃa cuantificada do sector. Sen embargo, desde o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) barallan que o descenso da produción no 2009 foi dun 30% e prevén que neste ano descenda aÃnda máis. O sector reuniuse a principios de xaneiro co presidente Alberto Núñez Feijóo e, alén da definición competencial na administración, reclamaron “un plan de choque”.
“O mellor baremo que temos para evidenciar o descenso de producións no ano 2009 son os Mestre Mateo” explicaba Antón Reixa, presidente do CLAG. Se na convocatoria de 2008 se presentaron 130 producións, neste ano non se superan as cen candidaturas. No último ano houbo unha baixada significativa do nivel de traballo das produtoras. ¿As causas? Para Reixa “por unha banda é o contexto de crise xeneralizada e pola outra, por cuestións administrativas derivadas do cambio de goberno (a resolución das axudas chegou tarde, alén da indefinición do modelo) asà como os atrasos no cumprimento da lei que obrigaba á TVG a destinar un 5% á produción independente”.
Reixa augura que o descenso de produción para o 2010 estará entre un trinta e un corenta por cento e por iso urxen medidas máis efectivas que definir o organigrama competencial (é dicir, a que departamento/s lle corresponde marcar as directrices). “O problema é que o CLAG non cre que a solución veña só na organización administrativa da Xunta, senón que o sector necesita un plan de choque que afecte á consellarÃa de economÃa, industria e á TVG. Por poñer un exemplo, neste ano notaremos a rebaixa do orzamento da TVG que suporá un descenso nos encargos de produción nun 30%. Sabemos que antes se destinaban a este fin 24 millóns que este ano se rebaixarán a 17. Por todo isto, pedimos un plan de choque real e inmediato”. E asà llo expuxeron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e ao secretario xeral de Comunicación, Alfonso Cabaleiro, nunha xuntanza celebrada o pasado 12 de xaneiro. “Agora estamos á espera de seguir interlocutando e empezar a ver medidas concretas”.
Unha situación difÃcil de cuantificar
Alén do Observatorio do audiovisual Galego, entidade que mantén a SecretarÃa Xeral de Comunicación, non existe ningunha entidade que ofreza estatÃstica sobre a situación do sector audiovisual galego. As últimas cifras das que o observatorio dispón, a nivel de produción, son relativas a 2007. Desde esta entidade explican que as cifras son facilitadas a través do Rexistro Mercantil ou a través das memorias anuais que editan entidades como a Federación de Produtoras Audiovisuais (FAPAE) que ofrecen os seus resultados cun certo tempo de atraso con respecto ao ano estudado. O sector ten un libro branco con cifras de produción pero é de 2003 e non se volveu editar outro desde entón. Tanto o Clúster Audiovisual Galego como Asociación Empresas do Audiovisual Galego (AEGA) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) manexan cifras internas pero son exclusivamente dos seus asociados. Non existe, polo tanto, ningunha entidade que teña contabilizado a produción galega. No portal da Axencia Audiovisual Galega, entidade diluÃda co cambio de goberno, figuran 40 producións realizadas en 2009, mentres que AVG, o soportal do audiovisual galego que mantén Culturagalega.org, hai contabilizadas 114 producións.
Para Antón Reixa, “en resumo, a situación global do sector é de crise manifesta. Estamos en fase de emerxencia que supón desde a organización das competencias, como o plan de choque e a vertebración administrativa”.