No forno do mapa de Fontán

Os documentos da Fundación Domingo Fontán permiten coñecer como se elaborou a súa carta

21/1/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: historia
1 lecturas | Compartido 0 veces

Desde o falecemento de Domingo Fontán ata a creación en 2004 da fundación que leva o seu nome, pensouse que os documentos de traballo deste xeógrafo para a elaboración da Carta Xeométrica de Galicia desapareceran. Hai unhas poucas semanas, a Fundación Domingo Fontán publicaba unha páxina web na que se pode ver boa parte deste material, que amosa o xeito en que se foi elaborando o máis coñecido mapa do noso país. Segundo explica Miguel Anxo Camargo, vicepresidente da entidade, “fundamentalmente o que se conserva aquí son os cadernos de campo de Fontán. Pensábase que toda esta documentación desaparecera”. Outro dos achados destacados que obra en poder desta Fundación, creada por descendentes do xeógrafo, é a minuta orixinal da súa carta, un exemplar único que Fontán lle presentou á raíña María Cristina.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos