Alén dun gran escaparate para poder observar a creación artÃstica contemporánea, Espacio Atlántico é un mercado no que institucións, entidades, fundacións aproveitan para incrementar as súas coleccións. A feira rematou o domingo logo de abrir a porta a 30.000 visitantes (10.000 máis que cando era Puro Arte) e crear un ambiente moi favorable para futuras edicións.
“O éxito da feira vaise medir no seu volume de vendas e de negocio” afirmaba David Barro a Culturagalega.org antes de que comezase o encontro. Sen embargo, dous dÃas despois de que o encontro pechara as súas portas, é dÃficil ter un balance do seu volume de negocio. “Na feira prodúcense moitos contactos que só co tempo se traducen en vendas” asegura unha fonte próxima ao encontro que xustifica que por ese mesmo motivo a organización de Espacio Atlántico non ofrecerá cifras oficiais de vendas (cando o encontro se chamaba Puro Arte, na edición de 2009 anunciaron un millón de euros en vendas). O que si hai é unha cifra aproximada de visitantes. Nos catro dÃas que Espacio Atlántico estivo aberto ao público, pasaron polo recinto feiral vigués preto de 30.000 persoas, é dicir, 10.000 máis que cando o encontro se chamaba Puro Arte e tiña outra orientación. Desde a organización están moi satisfeitos polo resultado e Marta Scarpellini, directora da feira, en declaracións a La Voz de Galicia, apuntaba a necesidade de incrementar o traballo destinado ao coleccinismo institucional e privado.
Compras e contactos
Caixanova, Fundación MarÃa José Jove, Fundación Barrié son algunhas das entidades que mercaron obra neste encontro, ademais da colección Espacio Atlántico que se depositará no MARCO de Vigo nos vindeiros cinco anos (prorrogables outros cinco, segundo o contrato que asinaron responsables do Marco con Scarpellini Proxectos e titular da colección). A entidade que fixo a aposta máis forte foi a Fundación Barrié que anunciou ao inicio da feira a compra de 21 obras de 18 artistas (Jessica Stockholder, Shinique Smith, João Penalva, Manuel Caeiro, Gil Heitor Cortesão, Gerardo Burmester, Albano Afonso, Manuel Vilariño, José Pedro Croft, Perejaume, Ignasi AballÃ, Curro González, Rita Magalhães, Simeón Saiz Ruiz, Teo Soriano, Tracey Moffatt, Yves Oppenheim e Helmut Dorner) por importe de 300.000 euros. O director de obra social de Caixanova anunciou a compra de obras de Leopoldo Novoa, homenaxeado nesta edición do encontro, Vicente Blanco, Rita Magalhaes, Manuel Vilariño, Jorge Anleo e Nano 4814. Esta entidade mantén un compromiso forte co encontro, xa que no 2009, cando o encontro se chamaba Puro Arte e era un dos seus principais patrocinadores, realizou unha compra por 150.000 euros.
En canto á colección Espacio Atlántico conta cunha clara vocación internacional, na que hai nomes como o brasileiro José Bechara, o portugés Fransico Tropa, Ana Soler, Karmelo Bermejo e os galegos Misha Bies Golas e AntÃa Moure. Obra que, tal e como adiantou David Barro no seu momento, insÃrense cos criterios exopsitivos do MARCO, entidade que a albergará. “Non é un almacén, insitiu Barro, senón que traballará e difundirá este material”.
Canda isto, a Fundación Caixa Galicia non adquirÃu obra no encontro, aÃnda que si estiveron presentes na feira. Fontes desta entidade apuntan que "neste momento, debemos apoiar ao sector doutras formas, como apoiando as bolsas de creación artÃstica, a formación e reforzando o noso servizo educativo". Pola súa banda, CGAC asumiu o venres que o seu apoio a esta edición do encontro serÃa “indirecto” en palabras de Miguel von Haffe porque “primeiro haberÃa que pagar o que se debe”. Aclaración que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, concretou dicindo que o anterior equipo deixou “unha débeda de 400.000 euros”. Cantidade negada polo anterior director, Manuel Olveira, que asegurou deixar o capÃtulo de compras debidamente xustificado (aÃnda que non executado), asà como o programa expositivo (no que habÃa dúas mostras orzamentadas que non se chegaron a realizar).
O encontro tivo unha valoración positiva por parte de público, galerÃas e institucións, pero tamén houbo suxestións como as de atrasar o encontro a outras datas do calendario anual por dous motivos: en xaneiro hai entidades que descoñecen o seu orzamento para compras, e a súa proximidade de ARCO, a feira de arte contemporáneo maÃs importante do Estado á que lle acaba de saÃr un digno rival.