O 2009 foi un ano especialmente destacado para a arte en Galicia. O CGAC cambiou de dirección e, por primeira, vez, o seu director foi escollido por concurso de méritos. O Marco iniciou unha liña de exposicións individuais con Javier Sierra e Jorge Barbi mentres outra entidade, de ámbito privado, a Fundación Caixa Galicia enfocou o ano a través de tres artistas femininas: Maruja Mallo, Tarsila do Amaral e Ruth Mathilda Anderson. A Fundación Seoane, o Macuf, Museo de Belas Artes
.. todos os centros e museos de Galicia ofreceron unha achega interesante ao longo do 2009.
Susana Cendán é licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Doutora en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Complutense de Madrid. Profesora, desde 1999, de Teoría e Historia da Arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e, desde 2004, de Historia e Teoría da Arte e da Moda na Escola Superior de Deseño Téxtil e Moda de Galicia. Para ela resúltame dificil elexir só tres exposicións entre as que se ofertaron no 2009, así que farei un refrito, sobre todo, moi persoal. E faiseme difícil elexir porque seguramente a moitos dos meus colegas a exposición sobre Tarsila do Amaral (Fundación Caixa Galicia, Santiago) non lles dixo nada, e en cambio para mín foi unha sorpresa e un pracer observar en directo as pinturas dunha artista á que só coñecía a través de fotografías. Alén desta, Susana destacaría a expo 7+1 Project Rooms do MARCO, pero non por ser unha exposición sen tema, senón porque a elección dos artistas que fixo Gerardo Mosquera e a intervención de Jorge Perianes quedarán grabada na nosa memoria durante longo tempo. Do MARCO tamén ten unhas palabras para as exposicións de Jorge Barbi e Santiago Sierra . E remato citando unha expo na que o pasei bomba e que foi un luxo tanto para mín como para os meus alumnos. Refírome a En todas partes. Política da diversidade sexual na arte comisariada por Juan Vicente Aliaga no CGAC. O traballo de Aliaga aportaba a visión das políticas de xénero dende a periferia, enriquecendo un discurso que ainda que manido non deixa de visibilizar situacións e problemáticas ainda vixentes. Ao fin e o cabo, non todo foi negativo no pasado.....
A escolma de David Barro, crítico nas publicacións El Cultural (El Mundo) e masdearte.com, profesor editor de Dardo ds e co-director da revista de arte contemporánea Dardo Magazine, é bastante diferente. Para Barro, unha das exposicións destacadas deste 2009 foi Dora García (Onde van os personaxes cando remata a novela?, CGAC). Unha exposición na que a autora se interesaba polo individuo e presentou unha mostra que interpela directamente ao visitante exhortándoo a que roube un libro ou conteste á pregunta Onde van os personaxes cando remata a novela?, que dá título á exposición. Un entramado de xogos, desplantes, contradiccións pensadas para causar unha resposta na conduta espectador ao tempo que afonda no fenómeno da independencia da obra con respecto ao autor. A obra de arte no ten por vocación ser comprensible nin explicarnos nada senón máis ben revelarnos algo sobre nós mesmos explica Dora García, que presenta nesta exposición catro obras que foron producidas polo CGAC. Canda esta, Barro, recupera a exposición que o portugués José Pedro Croft presentou na galería SCQ e que permitiu ver unha exposición fiel á súa liña de traballo habitual: análise da fronteira entre a escultura, debuxo e a pintura. Por último, o repaso do ano de David Barro ten outro nome propio: o de Álvaro Negro que presentou no Macuf o resultado da súa bolsa de formación que lle concedeu Unión Fenosa.