A Asociación Galega de Editores (AGE) entregou o sábado en Ourense os V Premios da Edición. Nesta ocasión, o xurado premiou a Rosa Aneiros como mellor autora do ano -gañou o Xerais de novela e o Fundación Caixa Galicia de Literatura Infantil e Xuvenil- e ao libro de relatos Sidecar, de Alberto Lema, como mellor obra de ficción 2009.
As Cartas de republicanos galegos condenados a morte de Xesús Alonso Montero gañou o premio Ánxel Casa ao mellor libro de non ficción.
Pola súa banda, o libro A araña e máis eu, de Fran Alonso e Manuel G. Vicente, editado por Kalandraka, levou o Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil. E nas traducións, Eva Almazán acreditou a tradición dos Contos completos I e II de Edgar Allan Poe da Editorial Galaxia. O Ciclo de Xúpiter de Millán Picouto levou o premio ao mellor libro de poesía ou teatro deste ano. E o Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial do 2009 foi para as Fotobiografías sonoras de Ouvirmos.
Por outra banda, o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano foi para R.
A AGE tamén entregou premios especiais a Nova Galicia Edicións e para Marcos Valcárcel.