Hoxe preséntanse ao público dous dicionarios. Dunha banda, da man do grupo Correo Gallego, aparece o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Unha obra dirixida por Francisco RÃo Barja (Lugo, 1919) que recolle en 28 tomos máis de 50.000 entradas sobre a xeografÃa galega que inclúe desde as fallas ata as árbores. A obra distribuirase con El Correo Gallego ao prezo de 9.95 euros cada tomo (o primeiro será de balde). Da outra, Xerais tamén dá a coñecer a última edición do seu Gran Dicionario Xerais da Lingua.