Facsímiles de patrimonio

Varios entusiastas forman en Issuu un grupo para compartir publicacións sobre patrimonio histórico

14/12/2009 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: historia
1 lecturas | Compartido 0 veces

Detalle dunha publicación de patrimonio galego en Issuu

Compartir o coñecemento do mundo do patrimonio histórico galego é o obxectivo do novo grupo "Patrimonio_gz", no que calquera usuario pode subir ao servizo Issuu publicacións en PDF relacionadas co noso pasado para poñelas a libre disposición do público. Xa levan 34 e subindo.
Os novos almacéns web de contidos multimedia (coñecidos tecnicamente como "repositorios") permiten que os usuarios publiquen os seus contidos producidos en diferentes soportes directamente en Internet. Issuu é un coñecido repositorio web para publicacións en PDF que dispón dun visualizador que fai moi cómoda a lectura de documentos PDF directamente na rede.

O grupo "Patrimonio_gz" está promovido,polo momento, por dous usuarios: martinxvm e torredocastro, que xa subiron 34 publicacións relativas a material do noso patrimonio histórico que foron producidas por eles. Textos sobre Galicia na época romana ou medieval son a maior parte, ata o momento, dos contidos. Os dous usuarios fan un chamamento para que máis xente se sume ao grupo e comparta as súas publicacións en liña.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos