
Ruth Matilda Anderson visitou Galicia en dúas ocasións, unha en 1924 e outra en 1926 co encargo da Hispanic Society of America (a centenaria institución cultural que se encarga de estudar a arte a cultura de España, Portugal e Sudamérica) de documentar os estilos de vida da Galicia do momento. Algo que fixo cunhas 5.000 fotografÃas pero que moitas delas non chegaron a ser positivadas ata agora. En maio, a Fundación Caixa Galicia abriu boca cunha exposición con imaxes da fotógrafa e documentalista americana. Non foi máis que a antesala do que está agora na sede da Fundación Caixa Galicia en Coruña, na que se achegan documentos inéditos que serven de reflexo do que foi a década dos vinte no noso paÃs (os oficios, as feiras, o papel da muller, as tradicións etnográficas...).