O Camiño de Santiago está practicamente ausente das grandes webs institucionais. Podemos atopar artigos e textos sobre os diferentes roteiros de peregrinación, mais non mapas nin información detallada que permitan programar unha viaxe por eles. O anuncio, a semana pasada, dunha aplicación de Google Streetview que permite realizar unha peregrinación virtual polo Camiño Francés non mudou isto: o web nin sequera sinaliza este roteiro como vÃa, e os contidos máis completos sobre o mesmo proceden de iniciativas privadas.
O pasado dÃa 10, a Xunta de Galicia presentaba baixo o epÃgrafe Google Xacobeo un monte de medidas que aproveitan os recursos publicitarios deste buscador para dar a coñecer o Camiño de Santiago. Entre estas, destacaba a aplicación Google Streetview que, segundo se daba a entender, permitirÃa a peregrinación virtual mediante esta aplicación contemplando “a pé de rúa” os lugares polos que transcorre o roteiro. Nese sentido, o presidente da Xunta sinalaba que con este proxecto, “calquera, en calquera lugar do mundo, pode ver, coñecer, e case sentir todos e cada un dos quilómetros que compoñen o Camiño de Santiago”. No entanto, non é exactamente isto o que acontece.
O Camiño de Eroski
A buscar o anunciado proxecto no Google Maps, web desde a que se pode acceder á modalidade Streetview, compróbase que nin “Google Xacobeo”, nin “Camiño de Santiago” “Camino de Santiago” “Saint James Way”, “Chemin de Saint Jacques” ou “Camiño Francés” entre outras variantes dan resultado ningún. O único xeito de atopar un trazado aproximado da vÃa na aplicación Google Maps é mediante unha aplicación na capa deste web que leva o nome Eroski. Segundo explica Isabel Salazar, Responsable de Producto de Marketing de Google, “xunto a Consumer Eroski, creamos unha capa en Google Maps na que os peregrinos atoparán unha lista de albergues e monumentos do Camiño Francés”. Ubicación, fotografÃas, textos e outros datos prácticos están dispoñibles neste web, sinalizados mediante vieiras. A cuestión é que, no web do Xacobeo lÃgase esta mesma aplicación como a mesma que a Xunta presentou o pasado dÃa 10. Desde a ConsellarÃa de Cultura explican que “a presentación do acordo con Google fÃxose con esta aplicación, aÃnda que apareza coma Eroski”, e sinalan que a colaboración contempla que sexa a S.A. Xacobeo a que se encargue de ir introducindo novos datos nesta aplicación. Pola súa banda, no web de Eroski sinalan que a súa aplicación, realizada “grazas a un acordo en exclusiva” con Google, tamén se presentou o mesmo dÃa, sen mentar en ningún momento a Xunta. Desde a firma responsable do buscador, Isabel Salazar aclara a participación das diferentes entidades no proxecto. “Foi un labor conxunto. A Xunta e o Xacobeo facilitáronnos os permisos para tomar as imaxes do Camiño no tramo galego. O contido que existe nesta capa, tanto texto como imaxes, foi elaborado por Consumer Eroski. A idea é que o Xacobeo complete esta capa no futuro con puntos de información para o peregrino e outros contidos”, conclúe.
Un roteiro que non existe
Malia á ampla información que achega esta capa, non é posible percorrer de xeito virtual o Camño Francés. A única opción nese sentido é, en coñecendo previamente o trazado, ir seguÃndoo no mapa ou na fotografÃa satélite da aplicación Google Maps. Segundo recoñece Isabel Salazar “non está sinalizado de xeito especÃfico, pero mediante a capa de Consumer Eroski podemos ver a sinalización completa con cunchas que nos guÃan ao longo do camiño”. En canto ao Google Streetview, que nos permite contemplar imaxes “a pé de rúa” e percorrer deste xeito cidades e roteiros completas, unicamente achega fotografÃas de localidades situadas na VÃa Xacobea e mais das estradas que pasan pola proximidade do camiño, quedando fóra os tramos do roteiro que transcorren por fóra de vÃas de circulación de vehÃculos. Asà o recoñecen desde o mesmo gabinete de comunicacion de Cultura, sinalando que o sistema de fotografado que emprega Google, mediante coches e triciclos de grande tamaño armados de cámaras, dificulta que se poida mapear deste xeito a totalidade do Roteiro. É dicir, non é posible facer de xeito virtual o Camiño de Santiago nesta aplicación, aÃnda que Isabel Salazar, desde Google, sinala que “pódese facer o percorrido completo desde Auritz ata Finisterre”. Débese recoñecer, no entanto, que á hora de amosar imaxes de núcleos urbanos, o proxecto permite percorrer rúas de localidades do tamaño de Arzúa ou PortomarÃn, o que supón un grande incremento na presenza do noso paÃs nesta aplicación, que hai agora un ano únicamente ofertaba imaxes de Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia en todo o Estado.
Sen camiños oficiais
Agora, os que acodan a outros webs oficiais para localizar o trazado do Roteiro e planificar o seu itinerario ou buscalo en Google Maps, téñeno complicado. O actual web do Xacobeo, que segundo ten asegurado a ConsellarÃa de Cultura non é o definitivo, non ofrece máis que mapas a escaso tamaño nos que se poden ver unicamente as localidades polas que pasan os diferentes camiños. Desde esta entidade emprazan a agardar polo lanzamento do vindeiro web, no prazo aproximado dun mes, para acceder a novos contidos sobre a vÃa. “Actualizaranse os datos que xa estaban na antiga páxina, está a se realizar traballo de campo e incluiranse datos sobre servizos no contorno do Camiño. Pola súa banda, Turgalicia recolle información sobre o sendeiro de longo percorrido GR-65, que corresponde co tramo galego do Camiño Francés, aÃnda que de novo non achega información sobre localización de albergues, servizos ou monumentos destacados, nin proporciona un mapa axeitado para planificar unha peregrinaxe.
VÃas privadas
Doutra volta, atopamos no web de Consumer Eroski a máis completa información na rede para axudar aos peregrinos. Mapas etapa a etapa, consellos, monumentos, información práctica sobre albergues ou servizos e outros contidos fan parte do material dispoñible no seu web e que agora está accesible e xeolocalizado desde Google Maps. Canda a esta iniciativa, podemos atopar múltiples propostas que, xurdidas de asociacións ou de usuarios particulares, facilitan información sobre diferentes tramos e os servizos asociados ao roteiro. O Camiño segue a agardar polas institucións.