No 2010 non todo será Xacobeo. O vindeiro Ano Santo coincide co centenario do nacemento de Luís Seoane, un dos creadores máis destacados da nosa cultura. A Fundación que leva o seu nome está a traballar para dar a coñecer a súa figura con exposicións, congresos e varias actividades nas que traballará con outras entidades.
Debuxante, gravador, pintor, escritor Luís Seoane é unha das figuras máis destacadas da creación galega da posguerra. Pero o seu recoñecemento está moi por debaixo da súa importancia. Como no 2010 cúmprense cen anos do seu nacemento, a fundación que leva o seu nome, ten previsto celebrar unha serie de actividades para dalo a coñecer. E nese empeño non estará só, xa que diferentes entidades traballarán da man da fundación Seoane para facer un programa máis ampla e completa.
O Consello da Cultura Galega coorganiza coa entidade cunha serie de congresos sobre Seoane que se desenvolverá en varias localidades. Será, en palabras de Samaniego, a oportunidade de focalizar no centenario unha investigación fonda e profunda do creador, xa que pretende amosar espectros dese poliedro que é Seoane aínda non suficientemente coñecidos. Refírese, entre outras cousas, á etapa arxentina do artista e que ocupa máis da metade da súa vida. Este congreso dividirase en varias partes que se desenvolverán en distintos espazos. Tal e como explica o director da Fundación Seoane, haberá un congreso que se centrará na súa dimensión como artista plástico; outro que poñerá o acento no Seoane comunicador, xestor cultural, máis próximo ao mundo xornalístico; e o último congreso fará fincapé no Seoane creador de mundos gráficos ou deseñador. Tres lecturas específicas e focalizadas que permitirán debuxar un perfil máis pormenorizado que irá moito máis alá do seu lado tópico. Ademais, o Consello da Cultura tamén colabora coa fundación na compilación e posterior edición do epistolario completo de Seoane.
Pola súa banda, no tempo que se desenvolvan eses congresos, a sede da Fundación acollerá unha gran mostra. Está previsto que estea aberta ao público entre abril e maio, estará centrada en eixes temáticos e será a gran exposición do ano explica Samaniego. Despois desta, e en colaboración coa Fundación Caixa Galicia están a preparar outra gran exposición. Alén diso, Samaniego explica que seguirán mantendo as pequenas exposición que estamos facendo para enfocar todos os fondos desde perspectivas hermenéuticas renovadoras. É dicir, unha das dúas liñas de traballo que o seu director estableceu cando chegou á fundación hai máis dun ano.
O selo Samaniego
Cando no 2008 Alberto Ruíz de Samaniego (Fene, 1966) se incorporou á dirección Seoane, atopou un centro practicamente descoñecido para o gran público e onde o traballo de Seoane ocupaba un lugar secundario. Naquel momento, Samaniego optou por unha liña de traballo que actuara en dúas dirección, dunha banda divulgar a figura de Luís Seoane e, da outra, atender á fusión das artes desde as vangardas históricas ata os nosos días. Para o primeiro caso, alén da sala permanente a Luís Seoane, Samaniego explica que traballamos en liñas concretas sobre o artista, como por exemplo, estamos a preparar unha exposición sobre Seoane e abstracción . A segunda gran liña de traballo, era asumir unha das obsesións do propio Seoane, como era a fusión da artes desde as vangardas históricas ata o nosos días, o que se pretende é unha mestura de signos e territorios artísticos e nos que non podemos falar de territorios estancos. Nesa liña, a intención do seu director é traballar en torno a un concepto ampliado de manifestacións artísticas que pode abranguer desde a pintura e a escultura (acaban de abrir agora a primeira exposición monográfica a un escultor español con Ignacio Caballo) ata propostas máis misceláneas como pode ser o cine, a moda ou o teatro. Nesta segunda liña insírense a mostras como a de Fritz Lang, na que a fundación quixo amosar a faceta de escultor do cineasta, que é a menos coñecida e que influíu no seu traballo cinematográfico. Unha mostra que, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), proxectou unha escolma do seu traballo. Segundo o seu director, esta liña de traballo continuará, así como seguirá a colaboración con outros centros que a Fundación Seoane explorou ata o momento. Exemplos hai moitos, co CGAI mantén unha relación estable que lle permite proxectar películas ao abeiro da súa liña temática e expositiva, co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e co Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) desenvolveron o Proxecto edición, . A nosa institución está sempre aberta a novos proxectos e iniciativas afirma con contundencia Samaniego.

Ignacio Caballo: Neste lugar
Derrotado, 2009. Fonte: Fundación Seoane. Proxecto que recolle a obra máis recente do escultor e debuxante Ignacio Caballo (Guardo, Palencia, 1965) a través de preto de cincuenta pezas realizadas polo artista durante o último ano.
Árbore 2, Tinta sobre papel
Fonte: Fundación Seoane. Proxecto que recolle a obra máis recente do escultor e debuxante Ignacio Caballo (Guardo, Palencia, 1965) a través de preto de cincuenta pezas realizadas polo artista durante o último ano.
Bailarín, 2009
Fonte: Fundación Luís Seoane