A primeira edición acabouse en menos dunha semana. A segunda tardou menos de quince dÃas e a piques de rematar a terceira, a editorial Galaxia xa encargou dúas máis con 5.000 exemplares cada unha. En total 21.000 volumes, e aquà ven o máis sorprendente: todo isto nun mes. O libro en cuestión é A cociña de Larpeiros, a versión impresa do programa homónimo da Televisión de Galicia. Un libro de receitas para todos os públicos.
“A explicación está en varios factores: nas propias caracterÃsticas do libro, cunha gran sinxeleza e novidade das receitas; no feito de que ten un programa de televisión (na TVG) que o fai máis popular; e logo as caracterÃsticas de autor de Benigno Campos, que é moi bo comunicador e empata moi ben coa xente” resume VÃctor Freixanes, director da Editorial Galaxia que se encarga da publicación deste libro.
Pola súa parte, Benigno Campos cre que o éxito está en “que se trata dunha cociña sinxela, asequible para todo o mundo, que emprega os produtos da nosa terra e que todos os ingredientes son fáciles e rápidos de localizar”. A cociña de Larpeiros recolle en preto de duascentas páxinas 150 receitas de todo tipo, iso si, todas elas cun denominador común: a achega persoal de Benigno Campos.
Un gran comunicador
Para que non o coñeza do programa de televisión (cousa difÃcil tendo en conta que o seu programa é dos máis vistos da Televisión de Galicia, que chegou a acadar cotas de share do 30%), Benigno Campos é un xubilado retirado cun perfil moi particular. Criouse entre os “sacos, as latas e os aromas dun negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas”, tal e como reza a súa ficha no catálogo de Galaxia. Traballou durante 39 anos nunha oficina técnica do naval, un oficio que compatibilizou coa cociña, a súa verdadeira paixón. Quixo a casualidade que se encontrara co xornalista Tomás Alonso, quen lle presentou a Xosé Cermeño (coñecido produtor e guionista para televisión, creador de series de éxito como Pratos Combinados) quen viu nel o perfil idóneo para presentar un programa de televisión sobre gastronomÃa. Larpeiros non é un formato de receitas, é moito máis, xa que ten un trasfondo didáctico e unha intención de entretemento, explorando máis particularidades dos ingredientes que se empregan as receitas. “AsÃ, no programa explicamos desde como se pescan determinados peixes, cal é a súa zona, a súa época, ata como se amamanta un cabritiño, por poñer algúns exemplos” puntualiza Benigno Campos.
A gastronomÃa como tirón
É o libro máis vendido en Galicia (e en calquera idioma) no menor tempo posible. “Durante este mes tivemos unha demanda duns cen exemplares diarios” apunta un Victor Freixanes que está sorprendido polo fenómeno. Sen embargo, Freixanes prevé que se podÃa sospeitar algo xa que “o tema de gastronomÃa sempre tivo éxito editorial no noso paÃs; estou a pensar agora no caso de A cociña de Cunqueiro que foi un libro moi vendido”. Xerais non preparou nunha estratexia diferente para esta publicación, que tal e como Freixanes explica “estamos movéndoo a través de librerÃa, das feiras e presentacións por grandes cidades e vilas, ademais da web e das redes sociais de Galaxia, como é o Facebook e o blog”.
En todo caso, se ao tirón editorial que xa de por si ten a gastronomÃa, e lle engadimos o fenómeno da televisión, para Freixanes o resultado é moi claro. “Cando os medios de comunicación de masas atenden á cultura galega, a sociedade galega responde”.
Neste momento Benigno está a descansar para poder retomar en setembro unha nova quenda de gravacións de programas que emitirá nos vindeiros meses a Televisión de Galicia. En canto á edición impresa, tanto Galaxia como o autor, teñen interés en sacar unha segunda entrega desta Cociña de Larpeiros que están a concretar e que agardaremos ter nos andeis para fin de ano.