Hai moitas maneiras de contar, denunciar ou compartir aqueles acontecementos que foron traumáticos para unha sociedade. Pero para John Thompson, un americano que coñece moi ben a cultura galega, as novelas son o vehÃculo que mellor canalizan a expresión dese pasado. Por iso, durante anos estivo analizando 35 obras da literatura galega que lle permitiron achegarse á historia e á memoria contemporánea. O resultado é o ensaio As novelas da memoria.
A Segunda República, a Guerra Civil e a Ditadura deixaron tras de si un regueiro de historias persoais e familiares marcadas irreversiblemente polos feitos históricos. Moitas delas foron ocultadas e outras serviron de base para novelas, curtametraxes e pelÃculas que nos últimos tempos están a agromar para o gran público con maior ou menor éxito. John Thompson, neto dun americano casado cunha galega en segundas nupcias, coñece ben a cultura galega e decidiu estudar e analizar o que aparecÃa no papel. “Ten menos que ver coa nacionalidade que pola miña sensibilidade cara os dereitos humanos” explica Thompson ao tempo que aclara que “tento amosar que a memoria é relevante para todos os aspectos da vida actual, aÃnda que non sexa tan evidente porque hai moita xente que non se dá conta diso”. Este doutor pola Universidade de Michigan e profesor titular do Departamento de Linguas Modernas da Universidade do Estado de Montana, realizou durante varios anos un estudo que pretende sacar á luz algún deses contactos, destas relacións entre o presente e o pasado, amosar que o trauma aÃnda permanece latente. E esa reflexión-estudo é a que se recolle en As novelas da memoria. Trauma e representación da historia na Galiza Contemporánea (Galaxia, 2009). “Non se pode ter un pensamento progresista senón coñeces o teu pasado” sentencia. ¿E por que a novela e non outro xénero? “Porque a novela é un dos poucos ámbitos da sociedade galega onde se articula libremente a memoria da experiencia republicana e o trauma causado polo fascismo” puntualiza, ao tempo que lembra que a novela permite un distanciamento que permite “vivir” a historia dun xeito máis Ãntimo e persoal.
O proceso de recuperación
Thompson foi re-construÃndo o pasado desde 1931 (data de inicio da Segunda República) a través dunhas trinta e cinco novelas. “En total eu contabilicei a existencia de 42 traballos que analizan estes temas, aÃnda que eu reducÃn o meu obxecto de estudo ata 35 novelas de moi diferente calidade, hainas boas, malas e regulares” apunta este profesor. Fernández Ferreiro, Carlos Casares, Camilo Gonsar, Carvalho Calero, Suso de Toro, MarÃa Xosé Queizán, Manuel Rivas, Fernández Naval, Anxo Angueira, Antón Riveiro Coello e Xosé Manuel Sarille son algúns dos autores das obras que foron obxecto de estudo por Thompson. Novelas que foron escritas en épocas cronolóxicas ben diferentes pero que permiten apreciar similitudes e distincións. “Unha diferenza clara se pode establecer entre os narradores da primeira xeración, que son máis testemuñas, e os da segunda e terceira xeración é que os primeiros se preocupan, sobre todo, por transmitir a memoria do trauma causado polo fascismo. Son exemplos desta xeración son O silencio redimido ou as dúas novelas de Ramón de Valenzuela (Non agardei por ninguén e Era tempo de agardar) explica Thompson. Pero aÃnda hai máis diferenzas, xa que para el outra cousa que os separa é que “os autores que non viviron os acontecementos, adoitan empregar estratexias que fan que o pasado interveña no presente e no pensamento. É dicir, que utilizan o pasado como fonte de inspiración para o pensamento de hoxe en dÃa”.
Pero hai moitos mais, o ensaio reflexiona sobre a problemática verbo da representación e transmisión da historia e do trauma, a militancia literaria en Galicia e o imaxinario da nación galega. No fondo, como di Thompson estas revisións son necesarias, xa que “hai que vencellar os feitos e a súa memoria, porque é asà como entendemos o presente e estamos máis capacitados para loitar contra o autoritarismo e o fascismo”.