Un consorcio de empresas e universidades presentou onte en Compostela o primeiro mundo virtual galego. Chámase O Camiño, lévanos á Compostela do século XII e onte presentouse en Compostela o seu primeiro avance: un paseo por unha descoñecida –desde a nosa ollada actual- rúa do Vilar ata a Catedral, aÃnda en obras.
Non, non é unha nova modalidade de poesÃa contemporánea. Os “metaversos” son os mundos virtuais, recreados a partir do ordenador. O neoloxismo foi creado polo escritor de ciencia-ficción Neal Stephenson a partir da combinación de “meta” (máis alá) e “universo”, e nestes momentos está a ser un dos segmentos de entretemento dixital que está despegando na rede. A clave dos metaversos actuais, como Second Life ou World of Warcraft, é que os usuarios, convertidos en avatars dentro dese mundo virtual, interactúan en tempo real con outros usuarios cos que desenvolven relación sociais nese universo de ficción.
Un consorcio de empresas e universidades galegas e de fóra de Galicia están a promover o primeiro proxecto de metaverso galego. Chámase O Camiño e nesta primeira fase recrea virtualmente a Compostela do século XII, nun momento moi concreto: o da revolta dos burgueses composteláns contra o bispo XelmÃrez (de aquela aÃnda non fora nomeado arcebispo por Roma). O consorcio está liderado por Ficción Producciones, xunto con outras empresas do sector das tecnoloxÃas da información, como iMatia, One Click ou Planet Media. Por parte das universidades galegas, a USC participa a través de investigadores da Facultade de XeografÃa e Historia, o Instituto de Innovación Tecnolóxica e o Grupo de Sistemas Intelixentes; a Universidade de Vigo achega o Grupo de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados.
Camiñando pola rúa do Vilar
O consorcio presentou onte en Santiago de Compostela o prototipo piloto de O Camiño: un teaser no que o usuario, convertido en burgués compostelán, percorre andando unha rúa do Vilar totalmente diferente á actual e poboada de soldados, comerciantes e burgueses recreados a partir das testemuñas ilustradas da época. Tras superar as ruÃnas da antiga cerca que rodeaba a Catedral de Santiago, o explorador virtual pode chegar ata a Fachada das PraterÃas da basÃlica; ao carón, no ábsida, uns operarios traballan, coas técnicas do momento, na construción do edificio, aÃnda inacabado neste momento.
Para Julio Casal, o director de Ficción Producciones, “os metaversos serán as páxinas web do futuro”. O camiño, un proxecto que os organizadores estimaron cuns custes de 3 millóns de euros, deberá “vivir de moitos modelos de negocio diversificados”, acordes coa caracterÃstica básica do proxecto: “converterse nunha plataforma tecnolóxica de desenvolvemento de futuros metaversos”. Deste xeito, os promotores do proxecto enunciaron diferentes dirección de desenvolvemento: desde o ámbito educativo ata o de oferta de servizos para peregrinos, aplicacións de lecer no estilo xogos ou a interacción entre a xeolocalización e o móbil. E o proxecto pode vivir unha expansión na súa xeografÃa virtual. Comezar recreando a Compostela convulsa do século XII e posteriormente estenderse seguindo as direccións dos diferentes camiños que converxÃan en Compostela na Idade Media.
Impacto no tecido industrial
Segundo os autores, o proxecto “terá un impacto directo na competitividade empresarial, favorecerá a creación de novas compañÃas e xerará emprego e una crecente actividade no ámbito do audiovisual, a creación gráfica de contidos e a investigación”. Polo de contado, por primeira vez se materializará para o usuario final e en contorno doméstico, a posibilidade de percorrer virtualmente o espazo histórico de Compostela. AÃnda que desde hai unha década se levan facendo numerosas recreacións virtuais da catedral e do seu contorno en diferentes épocas, nunca se realizara unha versión interactiva e en rede para o usuario final, na que diferentes usuarios puideran interacturar en tempo real.