En Toques, no interior do dolmen do Forno dos Mouros, un equipo de arqueólogos está a tapar algunhas das máis interesantes pinturas da nosa Prehistoria. Descubertas hai 20 anos, abandonadas desde entón e cun acusado proceso de degradación, os cientÃficos selan agora mesmo a cámara do dolmen para protexer estas obras de arte do vandalismo e un clima implacable. As pinturas volverán a soterrarse e deixaran de ser visitables.
Non é doado chegar ata o dolmen de Forno dos Mouros, na serra do Bocelo (Toques). Tras pasar toda unha xeografÃa simbólica e mÃtica –o mosteiro de Santo Antonio, a aldea de Castro de Lobos, por último a Pedra da Moura- non atopas ningún indicador que sinale que estás ao carón do monumento máis senlleiro dunha serra ricaz en depósitos arqueolóxicos: o Forno dos Mouros. Só unha mámoa á beira da estrada indica que, neses prados con xestas, hai unha necrópole megalÃtica de máis de 5.000 anos de antigüidade.
O illamento deste lugar, o seu abandono, a ausencia de sinalización municipal, pode axudar a comprender a historia desta reportaxe.
En 1989, un equipo de arqueólogos dirixido polo de aquela profesor da USC Felipe Criado acometeu unha escavación en profundidade deste monumento. No transcurso da prospección apareceu o elemento máis destacado do dolmen, as súas pinturas, sorprendentemente ben conservadas nalgúns dos esteos da cámara, e que cubrÃan todo o interior do monumento. Liñas zigzagueantes, sobre un fondo branco de caolÃn, pintadas en negro (con carbón) e en vermello (cun óxido de ferro), que de súpeto ofrecÃan unha privilexiada instantánea da arte dun tempo remoto: no 3.500 a.C. Unha instantánea coherente: ao longo de toda a extensión xeográfica da cultura megalÃtica, repÃtense formas pictóricas relativamente similares: liñas en zigzag, rectas, en forma de serpe, con formas sinxelas que cobren toda a cámara. Pero o que facÃa especial e único o Forno dos Mouros, no concello de Toques, é a extensión e o nivel de detalle destas pinturas. No ano 1989 colocáronse unhas trabes de ferro e unha cubrición de madeira por riba do dolmen. O descoido e a falta de mantemento provocaron que todo o conxunto sufrira unha gran degradación, ofrecendo un espectáculo difÃcil de xustificar.
Unha rápida degradación
Só 8 anos despois, en 1997, un grupo de expertos internacionais reunidos na Coruña no III Coloquio Internacional sobre Arte MegalÃtico anos despois, visitaba o Forno dos Mouros e emitÃa un comunicado público sobre a súa situación: “O monumento de O Forno dos Mouros, que foi obxecto no seu momento dun trato preferente por parte da administración autonómica, atópase na actualidade nunha situación lamentable. Chamamos a atención do público e das autoridades competentes sobre o abandono extremo no que se atopa este conxunto monumental (Â…) a destrución do cal é inevitable a moi curto prazo se non se toman as medidas oportunas”.
As medidas oportunas chegaron 12 anos despois desa nota de atención pública. Este verán, un equipo de arqueólogos do Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da Universidade de Santiago e do Laboratorio de Patrimonio do CSIC, dirixidos por Roberto Aboal, está a tomar medidas protectoras para evitar a desaparición total das pinturas, que xa sufriron un enorme proceso de degradación desde que foran descubertas no 1989.
Cun orzamento de 150.000 euros, procedente dos pagamentos de compensación realizados por unha empresa de enerxÃa eólica con instalacións na Serra do Bocelo, os arqueólogos escavan os primeiros tramos do corredor principal e das zonas adxacentes do túmulo para coñecer máis do monumento, pero iso non é o obxectivo final. A acción principal da campaña será máis drástica e urxente: selarán a cámara para evitar que as pinturas sufran máis a acción do clima e do vandalismo. Esa arte de hai 5500 anos protexerase cunha tea especial, e o interior da cámara cubrirase dunha area con ph neutro destinada a evitar a penetración da humidade nas pinturas e inclinada para facilitar o desaugue da cámara no tempo das chuvias. O proceso de selado xa está en marcha no momento da publicación desta reportaxe.
Quen visite o Forno dos Mouros dentro dunhas semanas, xa non poderá entrar á cámara nin apreciar as súas pinturas, que volverán ao interior da terra vinte anos despois de seren descubertas. Non é o primeiro caso que se dá en Galicia. Na Mámoa dos MuÃños, en Agolada (Pontevedra), a solución adoptada no 2006 para protexer as súas pinturas rematou co selado da cámara con pedras e a cubrición de todo o dolmen con terra, para devolvelo ao estado orixinal co que fora concibido na Prehistoria (o informe pódese ver nas ligazóns desta reportaxe).
Decisión dÃficil
Tomar a decisión de facer desaparecer da vista pública un magnÃfico tesouro da nosa Historia, non é doada para ninguén. O equipo deseñouna baixo a aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio. “DÃmoslle moitas voltas”, asegura Roberto Aboal, “pero ao final, visto o estado avanzado de degradación da pintura, pensamos nun sistema que garantira, sobre todo, a preservación. Se dentro de vinte anos se descubre outra tecnoloxÃa mellor para preservalas sen ter que soterralas, poderase abrir o Forno sen problemas e recuperar o lugar”.
Os arqueólogos, en colaboración cunha arquitecta especializada, tamén implementarán un sistema para reforzar a estabilidade do conxunto, que é fráxil e está resentÃndose. Cos datos da escavación adicional que o equipo está a facer nos primeiros tramos do corredor de acceso ao monumento e nas zonas tumulares adxacentes, poderán realizar unha reconstrución avanzada en 3D do monumento, que en orixe debÃa ser bastante diferente a como os vemos hoxe. O equipo de Aboal localizou restos de pintura nas pedras do corredor, tamén. O gris do granito que define estes monumentos, no seu momento debeu ser un brillante monumento de cor, dándolle a este lugar unha fasquÃa moi monumental. AÃnda que non localizaron moito material arqueolóxico, a escavación dun dolmen sempre ofrece sorpresas. Nunha das bandas do túmulo, ao carón do corredor apareceu unha elevada concentración de seixos brancos, dos que se descoñece a súa función, aÃnda que se supón simbólica.
O Forno dos Mouros, aillado, sen sinalización turÃstica, pouco coñecido, resume a situación na que se atopa parte do patrimonio de Galicia.
“¿Sabes canta xente pasou por aquà nestas semanas que levamos traballando?”, pregunta Roberto Aboal. “Dúas persoas”, respóndese a si mesmo.

As pinturas
As pinturas tiñan un fondo branco e unha serie de liñas en zigzag en vermello e negro
Sistema de sustentación das lousas do dolmen colocado hai 20 anos