Seis meses despois de se presentar ao público a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega (I+dea), os seus integrantes acaban de elixir ao seu Comité Xestor. Trátase do grupo que pretende liderar a actividade da plataforma, definindo os seus obxectivos e propondo iniciativas para dinamizar a innovación tecnolóxica no sector (desde a parte máis técnica á produción de contidos). O comité está presidido por Antón Reixa, o vicepresidente é Antonio Pose, mentres que Antonio RodrÃguez del Corral, Carlos Carballo e Noemà Varela son vogais.