O encontro que mantiveron onte os representantes do PEN Clube Galicia co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, deu en compromisos concretos do departamenteo autonómico con este colectivo literario. Por unha banda, Cultura comprometeuse a apoiar a vindeira edición da Bienal Da Pedra e da Palabra, que se celebrará en 2010 a coincidir co Ano Xacobeo. Esta edición, centrada na literatura hispanoamericana, conta con Nélida Piñón coma embaixadora e os organizadores agardan que reúna en Galicia algúns dos nomes máis destacados deste ámbito. Ademais, a consellarÃa involucrarase nos actos do trinta aniversario da morte de Eduardo Blanco-Amor e mesmo achegará fondos para a edición da obra completa do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro en dous tomos, dentro da colección Arte de Trovar.