Os Premios Nacionais de Cultura, nados o pasado ano, non se voltarán convocar. O actual conselleiro deste departamento, Roberto Varela, confirmáballe o pasado sábado a Xornal de Galicia que non pervé continuar con este proxecto e que baralla substituÃr estes galardóns por algo "máis novidoso" cunha fórmula "máis concentrada". Entre os obxectivos desa alternativa, aÃnda por definir, está "premiar a orixinalidade, a iniciativa e a innovación", e facer fincapé no traballo e non nas persoas.