Os vindeiros Premios da Cultura só terán cinco categorías

A Xunta recoñecerá o traballo en letras, artes plásticas, artes escénicas, patrimonio e promoción cultural no exterior

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Logo dun ano sen se convocar, os Premios de Cultura, agora sen o calificativo "nacionais" voltarán neste 2010. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciou onte no Parlamento a nova edición destes galardóns, que pasan de ser dez a contar só con cinco categorías. As mellores traxectorias no campo das letras, as artes plásticas, as artes escénicas, o patrimonio e a promoción cultural no exterior recibirán cadanseu premio de 15.000 euros. O xurado estará composto polo propio Varela, os directores xerais de Patrimonio e Promoción da Cultura, os reitores das tres universidades e membros do Consello da Cultura, da Real Academia Galega e mais da de Belas Artes.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Roberto Varela, Belas Artes, Real Academia Galega...