Convócanse os Premios da Cultura deste ano

A Xunta mantén as mesmas categorías que na última edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria dos Premios da Cultura Galega. Os galardóns da Xunta de Galicia manteñen este ano as oito categorías da súa última convocatoria. Persoas con traxectorias destacadas no campo das letras, as artes plásticas, as artes escénicas, o audiovisual, a música, a lingua, o patrimonio cultural ou a proxección exterior da nosa cultura poden ser propostas nun prazo de dous meses a contar desde mañá. Institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas vencelladas ao obxecto de cada premio poden presentar candidaturas aos galardóns. Os premios non teñen dotación económica e consisten nunha escultura e un diploma.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos