Convocados os Premios da Cultura Galega 2011

A Xunta publicou a convocatoria, con sete ordes diferentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Consellería de Cultura convocou onte a través do DOG os Premios da Cultura Galega para 2011. Desta volta serán sete modalidades: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. O xurado estará integrado polo propio Conselleiro de Cultura, o presidente do Consello da Cultura Galega, o da Real Academia Galega, o da Real Academia de Belas Artes, o director xeral do Libro e catro profesionais "de recoñecido prestixio" designados pola Consellería. O premio non está remunerado economicamente.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ordes, Artes Escénicas, Belas Artes, Academia de Belas Artes...