Concedidos os Premios da Cultura Galega 2017

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xohana Torres (Letras), Berta Álvarez Cáccamo (Artes Plásticas), Mabel Rivera (Artes Escénicas), Uxía Senlle (Música), Óliver Laxe (Audiovisual), o proxecto Apego (Lingua), a Fundación Rosalía de Castro (Patrimonio Cultural) e Cristina Pato (Proxección exterior) son os galardoados dos premios da Cultura Galega 2017. O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez e conformado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; polo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández; polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; polo secretario xeral da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Felipe-Senén López; polo vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández, por delegación do reitor. Este ano participaron tamén no xurado os profesionais da cultura Chelo Matesanz, artista plástica; Xosé Manuel Budiño, músico; Dolores Ben, presidenta da Asocaición Galega de Produtoras Independentes (AGAPI); e Belén Pichel, actriz e presidenta de Escena Galega. A entrega dos premios realizarase en datas próximas e os premiados recibirán unha obra de Paco Pestana.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito