A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade ven de constituÃr o Consello Galego de Ensinanzas ArtÃsticas Superiores e celebrar a súa primeira reunión de traballo presidida polo conselleiro Román RodrÃguez e os seus novos membros. Forman parte do Consello en calidade de expertos nas diferentes disciplinas, o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez (Arte Dramática); o expresidente da Asociación Galega de Artesáns Manuel González Arias (ArtesanÃa), o inspector de Educación xubilado Rodrigo Porral Mato (Artes Plásticas e Deseño), a profesora xubilada de danza clásica Olga Ruiz López (Danza) e o director asociado da Real FilharmonÃa de Galicia, Maximino Zumalave (Música). Tamén conforman este órgano o secretario xeral de Educación e FP, José Luis Mira; o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez de Castro; o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; Isabel Aguirre de Úrcola, designada polo Parlamento de Galicia e vogal do padroado da Fundación Juana de Vega, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.
O Consello ven de renovarse co obxectivo de darlle pulo a estas ensinanzas e ten como funcións asesorar á ConsellerÃa nesta materia, emitir informes sobre os proxectos de disposicións normativas relativas a estas disciplinas ou sobre as propostas de creación ou modificación dos centros públicos que atendan estas ensinanzas. Asà mesmo, fomentará o intercambio de información entre os centros que impartan ditas ensinanzas e entre estes e a Administración educativa e realizará estudos e programas de actuacións sobre as materias da súa competencia e, en particular, sobre as necesidades e problemas das ensinanzas artÃsticas galegas. No transcurso desta primeira reunión, ademais da constitución deste órgano cos seus novos membros, abordouse o informe sobre o proxecto do decreto polo que se modifica o plan de estudos das ensinanzas artÃsticas superiores de Deseño en Galicia. A nova normativa enfócase á mellora dos estudos na especialidade de Produto, establecendo dous itinerarios diferenciados nesa especialidade: Xeral e XoiarÃa e complementos.