Persoas e institucións que destacaran no ámbito das Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual. Estas son as sete modalidades dos Premios da Cultura Galega que a consellarÃa de Cultura convoca hoxe coa súa publicación no DOG. O galardón non terá dotación económica (cando foran creados polo bipartido tiñan a condición de nacionais e unha contÃa de 15.000 euros) e as candidaturas poderán ser presentadas por institucións e entidades culturais sen que os candidatos poidan postularse a si mesmos.
As categorÃas dos premios son as seguintes:
Premio Cultura Galega das Letras
Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa. Teranse en conta, ademais das publicacións en soporte convencional, todas aquelas que utilicen a escrita como base da creación, tanto nos soportes virtuais habituais coma nos soportes experimentais que poidan desenvolver.
Premio Cultura Galega das Artes Plásticas
Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada ás artes plásticas galegas, que se consideren con méritos especiais no que atinxe ao desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer e ampliar a creación plástica galega e a súa imaxe pública. Terase en conta a obra realizada en soporte fÃsico ou virtual, e incluiranse proxectos de especial interese creativo ou innovador que se fixesen públicos.
Premio Cultura Galega das Artes Escénicas
Enfocado a persoas ou entidades que desenrolen o seu traballo no campo dás artes escénicas galegas ou á traslación en imaxes e son de creacións narrativas galegas, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos escénicos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas. Nesta categorÃa terase en conta a obra realizada en soporte fÃsico ou virtual, e incluiranse propostas teóricas ou proxectos de especial interese creativo ou innovador, que sirvan de referencia para a evolución escénica de Galicia, e que se fixesen públicos, aÃnda que non chegasen a desenvolverse ou non tivesen o obxectivo de se materializaren.
Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural
Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada á protección, conservación e difusión da riqueza cultural galega, en calquera medio e en calquera eido de actuación. Terase en conta o labor realizado en calquera eido, e incluiranse propostas teóricas de especial interese, referidas especificamente á atención do patrimonio cultural e que se fixesen públicas, aÃnda que non chegasen a desenvolverse ou non tivesen o obxectivo de se materializaren inmediatamente.
Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia
Para aquelas persoas ou entidades con traxectoria vencellada á expansión cultural de Galicia, á promoción da nosa cultura fóra da comunidade autónoma e á súa difusión no exterior. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe de Galicia como comunidade de inmensa riqueza patrimonial, ben no que se refire a públicos de elite, ben ao público interesado na cultura, en xeral.
Premio Cultura Galega de Música
Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da música galega, dentro da comunidade ou no exterior. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe desta arte como creadora dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.
Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual
Poderán optar a este galardón as persoas ou entidades con traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da creación audiovisual galega, dentro da comunidade ou no exterior. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe destas artes como creadoras dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.