Roberto Varela constéstalles aos escritores que pedían a súa demisión

O conselleiro de Cultura insiste en que se descontextualizaron as súas declaracións

2/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os once escritores galegos galardoados cos Premios Nacionais que solicitaran a demisión do conselleiro de Cultura xa teñen resposta. Roberto Varela envioulle a cada un deles unha carta na que loa as súas traxectorias profesionais e na que insiste en que a polémica das súas declaracións sobre a cultura galega foi un equívoco e que se sacaron de contexto as súas palabras. Os autores enviáranlle a pasada semana unha carta aberta a Varela pedíndolle que demitise logo de que diferentes medios recollesen unhas declaracións súas sinalando que a cultura galega estaba "ensimismada e acomplexada" entre outras valoracións.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Escritores

Claves

Protagonistas
Conceptos