Once premios nacionais piden a demisión de Roberto Varela cunha carta

O conselleiro asegura non ter recibido tal documento e que non pensa dimitir

25/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As declaracións de que a cultura galega está “ensimesmada e acomplexada” feitas polo conselleiro, Roberto Varela, foron a gota que rebordou o vaso. Once escritores que comparten o denominador común ser recoñecidos con un premio nacional xuntáronse por primeira vez na súa historia pero para pedir a demisión do conselleiro. “O seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa” explican na carta que se asinou a semana pasada pero que deu a coñecer hoxe Xornal de Galicia. Alfredo Conde, Paco Martín, Antón Santamarina, Xabier P. Docampo, Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo, Suso de Toro, Rubén Ruibal, Agustín Fernández Paz e Xusto Beramendi. Roberto Varela respondeulles na rolda de presentación da programación do Ano do libro e da Lectura indicándolles que esa declaracións ían referidas non á cultura, como se entendeu, senón ás estratexias promoción exterior da cultura que el coñece ben pola súa experiencia laboral. Ademais, insistiu na necesidade de rachar con eses tópicos poñendo o énfase na promoción da nosa cultura no estranxeiro e que non ten pensado dimitir.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito