“Os xornalistas teñen nas súas mans o poder de contaren os feitos obxectivamente ou de os manipularen até que se adapten ás súas necesidades”. E estas dúas visións, que explica a coordinadora do programa no seu folleto, Ana González, son as que se recollen no ciclo “Xornalismo en 35 mm”. É o acontecemento que organiza o Centro Galego de Arte Contemporánea dentro da súa programación de verán no contorno do edificio (se o tempo o permite). As sesións terán lugar todos os mércores ás 22:30 horas e proxectarán filmes de Billy Wilder, Elia Kazan, Sydney Pollack, Sidney Lumet ou Costa-Gavras.
Programa do ciclo "Xornalismo en 35mm" que organiza o CGAC.