A Cidade das Burgas acolleu esta fin de semana o fallo de dous prestixiosos premios literarios. Por unha banda, o premio Vicente Risco de Creación Literaria, que foi para Hixinio Puentes por A do vinteún, unha novela histórica ambientada no comezo do século XIX. Pola súa banda, Román Raña gañou o premio de poesÃa Cidade de Ourense, impóndose a outras 45 obras presentadas.