El Patito editará nun volume o Hexed de Emma Ríos

Tamén anuncia a edición de Peter Petrake de Miguel Calatayud

O recompilatorio da serie Hexed, que Emma Ríos debuxou para a editora estadounidense Boom! Studios terá edición no noso país. El Patito Editorial anuncia o lanzamento para o vindeiro festival Viñetas desde o Atlántico das versións en galego e castelán deste volume. A editora tamén adianta no seu web a vindeira publicación do álbum Peter Petrake, de Miguel Calatayud, para o vindeiro mes de outubro. Polo momento atrásase a edición de As dúas viaxes de Xaquín Marín.