Un dos perfís máis relevantes do traballo de Piñeiro foi o da formación da xeración que se convertería en peza destacada da transición e no liderado cultural e político do país nas primeiras décadas da democracia en Galicia. O historiador Xosé Ramón Fandiño analiza o papel de Piñeiro como animador e organizador dos movementos políticos nos anos escuros do réxime e como inculcador do galeguismo nas novas xeracións.
Aínda que García-Sabell deixase dito que de Piñeiro non se sabe moito. É difícil saber máis do que quere amosar, a peripecia vital que conforma a personalidade de Ramón Piñeiro, que encheu e lle deu expresión a unha forma de entender o galeguismo, é unha historia xa contada pola numerosa bibliografía existente, sobre todo desde 1950, ano no que se instalou definitivamente en Compostela. Cando isto sucedeu, en plena invernía franquista que todo o ensombrecía, atrás quedaban os anos da nenez campesiña nos neboentos campos de Láncara, o bacharelato en Lugo, o traballo de oficinista e o descubrimento do galeguismo en Sarria, a fundación das Mocedades Galeguistas luguesas, os seus primeiros artigos na revista Yunque co pseudónimo de Luís Veiga, as amizades luguesas con compañeiros de estudos cos que compartía inquietudes semellantes: Lorenzo Varela, Antón Figueroa, García Pardo, Xosé Mouriz, Andrés Rubinos, Díaz Castroverde e, sobre todo, Xosé Gaioso, Luís Pimentel e Ánxel Fole, a participación como orador no mitin das arengas e na campaña do plebiscito do Estatuto de Autonomía como secretario do comité provincial, a traumática experiencia da guerra civil, os estudos académicos de Filosofía en Santiago e Madrid (Na facultade, xa que logo, non adquirín a formación filosófica que procuraba. Por outra parte, estaba xa moi metido na política, algo que consideraba como un imperativo moral, como un acto de fidelidade ao meu país e para cos amigos que morreran, e iso ocupábame bastante tempo), os tres anos de cárcere que cumpriu en Alcalá, Ocaña e Yeserías, compartidos cos irmáns Camilo e Cesáreo Saco, Nicolás Sánchez Albornoz e Koldo Mitxelena e de onde sae con dous problemas clínicos: unha úlcera de duodeno, e cataratas nos ollos, o constante contacto coa oposición clandestina, na que era coñecido como Santiago, coa esperanza de que ao remate da Guerra Mundial se restablecese a democracia en España. Atrás quedaba tamén a reconstrución do Partido Galeguista do que saíu nomeado secretario político na reunión de Coruxo en 1943, que pretendía establecer unha relación permanente cos galeguistas do exilio, negociar en París a entrada de Castelao como galeguista no Goberno Republicano no exilio.
O profesor Justo Beramendi ao analizar a evolución galeguista de Ramón Piñeiro distingue catro etapas ben diferenciadas: a primeira corresponde á súa etapa de militante das Mocedades Galeguistas ata o inicio da guerra civil; a segunda, a do nacionalismo activo na clandestinidade; a terceira, que se estende polas décadas dos anos 50 e 60, consistente en abandonar a liña política e decidirse pola vía da acción cultural, na que destaca a creación da Editorial Galaxia e o adoutrinamento ao modo socrático dun selecto grupo de mozos universitarios; e a cuarta é a da época da Transición democrática. Tanto os tempos de entusiasmo galeguista coma os da aceda mágoa da posguerra que viviu en primeira liña de loita Ramón Piñeiro, sobre todo os das décadas dos 50 e 60 -a terceira etapa da clasificación de Beramendi-, que son o que nos van ocupar neste artigo, están abundantemente documentados. Foi o propio Piñeiro quen en longas conversas llos explicou a Carlos Casares, que os recolleu en cintas magnetofónicas e unha vez transcritas, en 2002 se publicaron como libro póstumo de Piñeiro co título Da miña acordanza. Outros autores, como Fernández del Riego, Carlos Casares, Franco Grande, Torres Queiruga, H. Monteagudo, Beatriz García Turnes, Justo Beramendi, etc. analizaron a vida e obra de Piñeiro, non todos, pero a maioría en clave laudatoria e coincidentes en valorar o seu rigor ético, a súa capacidade intelectual e a súa xenerosa apertura humana. Mesmo xente ideoloxicamente afastada do pensamento piñeirán que lle recriminan a decisión de suspender as actividades políticas do Partido Galeguista nos anos 50 e propiciar a galeguización dos partidos estatais, lle recoñecen os seus ímprobos esforzos por salvar a lingua e a cultura galegas e a galeguización da mocidade universitaria compostelá daqueles anos escuros. Só Méndez Ferrín no seu Retorno a Tagen Ata fai de Ramón Piñeiro o Ulm Roam da traizón ao nacionalismo organizado.
Despois de tantas andainas e aventuras, curtido na dura loita clandestina e convencido de que desaparecera a posibilidade dunha acción exterior que propiciase a restauración democrática en España despois dos Pactos de Yalta, en 1950, con 35 anos de idade, instálase en Santiago disposto a iniciar un cambio de orientación do galeguismo, que por considerar que os seus sacrificios eran inútiles, decidía renunciar á loita estritamente política e dedicar todas as súas enerxías a crear novas plataformas culturais para transmitir a lembranza e o discurso do galeguismo ás seguintes xeracións. E tal foi a idea que dominou o reducido universo galeguista durante, cando menos, as décadas dos 50 e 60.
En Santiago, Piñeiro entablou fortes lazos de amizade e de sintonía ideolóxica con Domingo García-Sabell, o médico que lle trataba a úlcera e que fora presidente da FUE universitaria compostelá durante a República. Ademais deste binomio simbiótico, en 1950 produciuse un efecto óptico polo que semellaba que a luz do sol florecía novamente, pois ese ano, despois de 14 de illamento na súa casa de Trasalba, Otero Pedrayo incorpórase como catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago e exerceu o seu maxisterio, tanto dentro como fóra das aulas universitarias sobre os estudantes de máis personalidade e inquedanza que o labor silandeiro de Piñeiro ía incorporando ao ideario galeguista coa convicción de que a esperanza era posible. Ese
grupo inicial estaba formado por Ramón Lugrís, X.L. Franco Grande, López Nogueira, Pérez Barreiro, Ramón Lorenzo, Gustavo Docampo, Gonzalo Mourullo, Xosé Manuel Beiras, entre outros. Con dedicación case exclusiva, Piñeiro explicou a todo aquel que petase na porta da súa casa de Xelmírez 15, en conversacións privadas ou en seminarios específicos, o que Galicia fora, o que debería ser e o que había que facer para recuperar o seu prestixio perdido e ganarlle ao franquismo a batalla do futuro. Tamén trataba de transmitirlle a estes rapaces as esencias europeístas da cultura galega, sintetizadas na súa célebre frase: nós somos galegos pola nación, españois pola historia e europeos pola cultura.
Editorial Galaxia
O logro máis importante do grupo de galeguistas resistentes foi a creación da Editorial Galaxia, o principal órgano de expresión impresa durante o franquismo. A xunta xeral constituínte celebrouse sen permiso gobernativo nun acto que xuntou a moitos galeguistas nos baixos do Hotel Compostela de Santiago o Día da Patria Galega de 1950. No Consello de Administración elixido figuraban membros que representaban a lexitimidade histórica do Partido Galeguista, de NÓS e do Seminario de Estudos Galegos, como Otero Pedrayo e Gómez Román, xunto a membros da xeración máis nova como Fernández del Riego e Xaime Isla Couto. Tamén se designou un equipo de traballo, integrado por Isla Couto, Fernández del Riego, Viñas Cortegoso, Ricardo García Suárez, Emilio Álvarez Blázquez, Rufo Pérez González e Antón Beiras García. Piñeiro non participou na xestación do proxecto por estar convalecente dunha operación de cataratas en Valdecilla, pero axiña se incorporou para desempeñar un papel tan importante coma o de director literario, que era o que definía a liña editorial e o que recadaba os orixinais das obras.
O 16 de abril, financiada por Álvaro Gil, saía das prensas a edición da primeira obra da editorial, a Antífona da Cantiga, de Ramón Cabanillas, precedida dun comento filolóxico de Isidoro Millán González Pardo. Case simultaneamente apareceu un volume co que se inauguraba a Colección Grial, titulado Presencia de Galicia. Editáronse despois, na serie de Manuais, unha Historia de la Literatura Gallega, de F.Fernández del Riego, unha Historia de Galicia, de Vicente Risco e a Guía de Galicia de Otero Pedrayo. Seguidamente fóronse editando novos volumes correspondentes á Biblioteca Pondal e á Colección Literaria. Posteriormente iniciouse a serie de Ensaios, unha colección de obras de pensamento e de crítica que incluíu os ensaios Sete poetas galegos, de Ricardo Carballo Calero, Mito e Realidade da Terra Nai, de Rof Carballo, O segredo do humor, de Celestino Fernández de la Vega, Ensaios, de García-Sabell, etc.
No programa editorial incorporouse, ademais, unha serie de libros monográficos de artistas, baixo o epígrafe de Monografías de arte novo. Creouse a colección Illa Nova coa finalidade de dar voz aos escritores novos que agromaban naquel momento, que se inaugurou coa peza teatral Vieiro choído, de Franco Grande, e á que seguiron os libros narrativos O crepúsculo e as formigas, de Méndez Ferrín, Lonxe de nós e dentro, de Camilo González Suárez-Llanos, o ensaio Vicente Risco na cultura galega, de Ramón Lugrís, etc., completada coa colección Salnés de poesía, que publicou, entre moitas obras, Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, O tempo e a memoria, de Xohana Torres, Mar maior, de Manuel María, Voz fuxitiva, de Anne Marie Morris e A saudade e outros poemas, de Pura Vázquez.
Ademais das coleccións sinaladas, durante este período Galaxia editou obras de gran envergadura, entre as que cómpre sinalar o Diccionario enciclopédico gallego-castellano, de Eladio Rodríguez González, a Historia da literatura galega contemporánea, de Ricardo Carballo Calero, e as Cantigas de escarnho e mal dizer, de Manuel Rodrigues Lapa, Debuxos de negros, de Castelao, 50 debuxos de Carlos Maside e 25 debuxos de Colmeiro.
Revista Grial
Ao fundarse a editorial Galaxia, os seus promotores propuxéronse publicar unha especie de cadernos trimestrais que fosen expoñente da vida cultural daquela hora. Foi así como en abril de 1951 xurdiu a chamada Colección Grial da que se publicaron catro cadernos cos seguintes epígrafes: Presencia de Galicia, Pintura actual en Galicia, Presencia de Curros y Doña Emilia, Aspectos económicos y jurídicos de Galicia. Ao se publicar o nº 4, o director xeral de prensa ordenou a suspensión da Colección Grial, alegando que non se axustaba ás normas establecidas pola Dirección Xeral. Nas páxinas destes 4 números deixou Piñeiro firmados tres estudos: Significado metafísico da saudade(nº 1); Carta a Álvaro Cunqueiro, trovador galego, falándolle dos males presentes de Europa e do seu remedio dende a ladeira dun castro lugués (nº 3); Carta a Pedro Abuín (Das tres maneiras de dialogar e das dúas maneiras de entender a cultura (nº 4).
A batalla de Montevideo
Paralelamente ao traballo realizado en Galaxia, Piñeiro puxo en marcha outras moitas iniciativas ou promoveu accións de política galeguista. Unha delas foi a chamada Batalla de Montevideo, que tivo lugar durante a VI Asemblea Xeral da UNESCO celebrada na capital uruguaia en 1954. Para tal ocasión Piñeiro redactou un documento titulado Denuncia diante a UNESCO da perseguizón do idioma galego pol-o Estado Español, editado en folleto en versión galega, francesa e inglesa, asinado polos centros Coruñés, Ourensán, Pontevedrés, de Betanzos, de Corcubión e a Irmandade Galega de Bos Aires e repartido entre os delegados á asemblea. No documento denunciábase a prohibición de publicar revistas ou xornais culturais en lingua galega, a prohibición de empregala en conferencias e actos culturais e de publicar traducións de linguas modernas, a exclusión do galego da práctica docente e eclesiástica, a inexistencia de estudos de lingua e literatura galegas nos centros educativos, a clausura e incautación do Seminario de Estudos Galegos, etc. Os delegados españois eran Joaquín Ruiz Jiménez, ministro de Educación, e Manuel Fraga Iribarne, secretario da delegación, e ao seu regreso a España, cando menos, autorizaron a publicación da tradución que Piñeiro e Fernández de la Vega prepararan da Esencia da verdade de Martin Heidegger, que fora prohibida pola censura.
Congreso da Emigración Galega
Para o I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956 o grupo Galaxia presentou o relatorio A defensa do idioma, vencello espiritual de todos os galegos, asinado por Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Juan Rof Carballo, Domingo García-Sabell, Celestino Fernández de la Vega, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, pero redactado por Piñeiro, como demostra o feito que o incluíse no volume Olladas no futuro. Neste escrito proponse un plan para a elaboración dun gran dicionario galego e para a creación dun Padroado da Lingua Galega que fixese viable ese proxecto. Como a proposta non frutificou, os directivos de Galaxia decidiron dar ao prelo o Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano que á súa morte deixara practicamente preparado Eladio Rodríguez González, e que mediante esta iniciativa se publicou en 3 volumes aparecidos en 1958, 1960 e 1961 con prólogo de Ramón Otero Pedrayo e baixo o patrocinio da Casa de Galicia de Caracas.
De coordinar todos os traballos previos á edición e da revisión cautelosa do Diccionario encargouse Ramón Piñeiro. O terceiro tomo incluía un apéndice de voces galegas recollidas por Uxío Novoneyra, Ánxel Fole, García-Sabell, Aníbal Otero, X.L. Franco Grande... e organizado e arranxado por X.L. Méndez Ferrín e Bernardino Graña, e un breve vocabulario castelán-galego.
Diferenzas co galeguismo do exterior
Tamén Piñeiro se encargou de encauzar as relacións políticas entre os galeguistas de Galaxia e os residentes en América, nomeadamente do Mar do Prata, que despois da morte de Castelao sufriron grandes desavinzas, sobre todo polas profundas discrepancias sobre cal tiña que ser o papel a xogar polo Consello de Galiza, unha especie de goberno galego no exilio creado en 1944 por Castelao e Suárez Picallo (galeguistas), Alonso Ríos (agrario galeguista), e Elpidio Villaverde (Partido Republicano Galego) como asinantes da acta de constitución. Aínda que son ben coñecidos os emprendementos levados a cabo polo Consello, máis difícil vai ser coñecer o seu punto de vista dsobre as distintas formas de entender a política galeguista dos anos 50 mentres non se estude e publique a documentación que o Consello de Galiza lle encargou de custodiar ao Laboratorio de Formas e que garda celosamente Díaz Pardo no Instituto Galego de Información entre os seus papeis máis prezados. O que si se coñece é a visión do grupo Galaxia porque para unha reunión celebrada en maio de 1957 na casa de García-Sabell á que asistiron os patriarcas Otero Pedrayo, Gómez Román e Ramón Cabanillas, máis Fernández de la Vega, Fernández del Riego, Xaime Isla, Manuel e Xosé Manuel Beiras, Franco Grande, etc.). Piñeiro redactou o relatorio Nova orientación do galeguismo, que se leu nesa xuntanza e se lle entregou a Perfecto López, que asistiu ao evento como enviado do Consello de Galiza coa pretensión de convencer aos de Galaxia da necesidade de relanzar a organización do Partido Galeguista, para o que estaba disposto a sufragar os custos, pois era un home moi rico, pero os galeguistas de Piñeiro rexeitaron o ofrecemento.
No seu escrito, Piñeiro expresouse con extrema contundencia e acusou ao Consello de Galiza de querer representar e actuar en nome da totalidade do galeguismo, de dentro e de fóra da Terra, de querer arbitrar e decidir o futuro político de Galicia. Tamén refugou de plano as acusacións que o galeguismo de Bos Aires lle facía aos galeguistas do interior sobre a súa falta de acción política. Defendeuse, así mesmo, da acusación de culturalistas argüíndo que esta era unha opción política moi clara, asumida con consciencia e sentido da responsabilidade, co cal non pretendo dicir que fose unha estratexia acertada, cousa difícil de substanciar obxectivamente, por máis que a nós así nolo pareceu sempre, por iso o fixemos.
Aparición do nacionalismo marxista en Galicia
Nos últimos anos da década dos 50 e primeiros da dos 60 comezaron a notarse novas inquietudes entre a mocidade galega, política e socialmente concienciada diante do drama de Galicia e sensibilizados polos movementos comunistas de liberación nacional practicados con éxito en China, Cuba, Alxeria, Angola ou Vietnam, que escapaban do control do grupo Galaxia, como poden ser o grupo Brais Pinto, creado por estudantes e traballadores galegos en Madrid en 1958 coa clara vontade de fundar un partido nacionalista en Galicia, ou a Unión do Pobo Galego, creado en 1964 coa intención expresa de promover unha fronte de liberación nacional e con ela naceu o primeiro partido marxista revolucionario da historia do galeguismo. Tamén foi decisiva a creación de certas asociacións culturais como O Facho e O Galo e a operación Paloma Mensajera, que deu como resultado a creación, na máis estrita clandestinidade, do Consello da Mocedade, do que saíu elixido secretario xeral Antón Moreda, retornado do seu periplo de emigrante en Bos Aires, onde traballara moito na organización das actividades da Mocedade Galeguista, que era a póla xuvenil da Irmandade Galega, algo así coma o Partido Galeguista no exilio. O Consello da Mocedade aceptaba como guía o Sempre en Galiza e a consideración do marxismo.
Nace, pois, o antipiñeirismo, que reclamaba a recuperación do nacionalismo do Partido Galeguista e a incorporación do marxismo ás análises políticas, aspectos ambos que non estaba disposto a admitir Piñeiro. Moitos analistas xulgan visceral o seu anticomunismo e antimarxismo e Franco Grande recorda que ao seu grupo de adoutrinados de Xelmírez 15 recomendáballes a lectura das obras de Milovan Djilas, membro do Politburó do Partido Comunista iugoslavo, que en 1954 foi expulsado do partido polas súas críticas ao goberno comunista en diversos libros da súa autoría.
Con este novo panorama de política clandestina en Galicia e para contrarrestar o impulso dos novos nacionalistas, Piñeiro puxo en marcha un novo plan consistente en abandonar a idea dun só partido galeguista e, a cambio, propugnou a diversificación partidaria do galeguismo en dúas correntes caracterizadoras do modelo europeo occidental: democracia cristiá e socialismo democrático. E así promoveu a creación dun partido socialdemócrata e o outro de tendencia demócrata cristiá, que non se definisen como nacionalistas, senón como galeguistas. O grupo democristián, malia os contactos de Piñeiro con vascos e cataláns, non se formou naquel momento, pero si o fixo o Partido Socialista Galego, que se constituíu formalmente o 23 de agosto de 1963, na Coruña, no despacho de avogado de Sebastián Martínez Risco, nunha reunión á que asistiu Ramón Piñeiro, ademais de Salvador Rei, Cesáreo Saco, Xosé Manuel Beiras, Rodríguez Pardo, Salvador García-Bodaño, Manuel Caamaño, Pérez Barreiro, Valentín Arias... Polos seus innumerables contactos, Ramón Piñeiro conseguiu o apoio ao recén nacido PSG de José Calviño, galego de Lalín, enxeñeiro e albacea de Largo Caballero, unha personalidade de grande prestixio no PSOE exiliado.
Reaparición de Grial e nacemento da Revista de Economía de Galicia
Paralelamente, Piñeiro atendía outras frontes, pois tamén en 1963 ten que atender a creación da Fundación Penzol, tan ligada a Galaxia, e a reaparición da revista Grial. Pasada algo máis dunha década desde a suspensión, foi autorizada a publicación de Grial, que saca o primeiro número desta segunda xeira en setembro de 1963 coincidindo co centenario da publicación de Cantares Galegos. Dirixida por Piñeiro e del Riego, aínda que por disposición oficial tivesen que designar como director a un xornalista, a revista abranguía as seccións: Ensaios, Escolma, Peneira dos días, Libros e O rego da cultura e a maioría dos textos están escritos en lingua galega, pero por disposición oficial a revista tiña que ser bilingüe. A partir do número 52, dedicado a Otero Pedrayo, adoptouse o monolingüísmo galego. Tamén participou Ramón Piñeiro noutra iniciativa importantísima de Galaxia, que foi a publicación da Revista de Economía de Galicia, editada durante once anos consecutivos, desde xaneiro de 1958 a decembro de 1968, en 66 números de periodicidade bimensual. Foi iniciativa de Xaime Isla Couto, que a dirixiu e concibiu a súa estruturación por seccións, maquetouna e mesmo deseñou a portada, que se mantivo sen variacións ao longo de todo o período da súa publicación. Piñeiro colaborou na recollida dos orixinais, na redacción dos editoriais, como se pode comprobar polo feito de ser posteriormente incluídos no seu libro Olladas no futuro. En 1963 incorporouse como subdirector da REG Xosé Manuel Beiras, que axilizou o funcionamento da revista, ameazada de perder o permiso oficial de edición por levar sensible retraso na saída e asumiu desde entón todo o traballo de confección.
Fundación Penzol
O 5 de maio de 1963 inaugurouse en Vigo a Biblioteca da Fundación Penzol, que era o legado de millares de libros, folletos, revistas, xornais, documentos e orixinais manuscritos que Fermín F. Penzol Lavandeira decidiu poñer ao servizo dos estudosos da cultura galega. De acordo coa Editorial Galaxia, á que fixo depositaria deste valiosísimo patrimonio bibliográfico, creou a Fundación Penzol, que pasou a ser a institución xurídica responsable do goberno e xestión dese patrimonio.
Profesor en Middlebury
Desde 1967 e durante cinco anos consecutivos, por invitación de Emilio González López, que como exiliado se instalou nos EEUU e que daquela era director da Escola Graduada Española de Middlebury College, en Vermont, Piñeiro impartiu cursos de verán como profesor de pensamento español., o que supuxo para el unha das experiencias máis interesantes da súa vida. Aproveitando esta viaxe a EEUU participou tamén no VI Coloquio Internacional de Estudos Lusos-Brasileiros que se celebrou nas universidades de Harvard e Columbia, onde presentou un relatorio sobre a historia e situación do galego.
Real Academia Galega e a lingua galega
Nesta década dos 60 o grupo Galaxia tamén mostrou interese pola Real Academia Galega e logrou ir incorporando como numerarios a Carballo Calero, García-Sabell, Fernández del Riego, Ánxel Fole, Cunqueiro, Xosé María Álvarez Blázquez e, finalmente, Ramón Piñeiro. O día 7 de xullo de 1963 foi presentada á Academia unha proposta firmada polos académicos numerarios Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell e Julio Rodríguez Yordi para cubrir a vacante ocasionada polo falecemento de Manuel Banet Fontenla coa presentación da candidatura de Ramón Piñeiro López. De acordo co establecido nos estatutos da institución, os académicos Fraguas Fraguas, Fernández del Riego e Otero Pedrayo foron encargados de facer un informe sobre dita proposta, que cumprimentaron con tódolos pronunciamentos favorables.
Ata pasados catros anos non tivo lugar a recepción de Piñeiro na Academia, que tivo lugar o 25 de novembro de 1967 en sesión extraordinaria celebrada baixo a presidencia de Sebastián Martínez Risco no salón de actos da sociedade Reunión de Artesáns para escoitar o seu discurso titulado A lingoaxe e as lingoas, no que fai unha profunda análise da importancia das linguas en tódolos eidos da cultura dun país e en especial do problema da lingua galega, ao que lle contestou Domingo García Sabell. Este texto co que tomou posesión da súa cadeira na RAG é considerado polos especialistas como paladín da filoloxización do discurso galeguista. A lingua é para Piñeiro a máis grande creación cultural colectiva, pero é tamén un elo de irmandade entre todos os seus membros. E a lingua foi unha constante reflexión en moitos dos seus estudos publicados en Grial e noutros diversos medios, moitos deles recollidos no seu libro Olladas no futuro.
Tamén Piñeiro se deu a coñecer no mundo filosófico nas décadas dos 50 e 60, os anos da terceira etapa da evolución galeguista de Ramón Piñeiro que aquí nos ocupa, polos seus ensaios sobre a saudade, pois a publicación en 1951 do ensaio fundacional Significado metafísico da saudade (1951) situou o saudosismo filosófico no panorama do pensamento contemporáneo. E sobre este tema volverá con outros estudos: A saudade de Rosalía (1952), Para unha filosofía da saudade (1953), etc.