As bisbarras persistentes

Divisións territoriais da época castrexa subsisten na Galicia de hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Antes de provincias e de concellos, o noso país estaba organizado en “terras”, divisións que nalgúns casos semellan remontarse á época castrexa. Desde aquela, moitas destas entidades mantivéronse ata o século XIX e aínda hoxe persisten por baixo das circunscricións oficiais. A mostra Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia que se puido ver en Ourense e se poderá contemplar a partir do vindeiro mes de xuño en Monforte, recupera da documentación medieval as terras nas que se dividía a Galicia medieval. O autor do mapa, Anselmo López Carreira, explícanos polo miúdo estas entidades. “O seu tamaño adoita ter semellante, tense dito que pode ser aquel territorio que se pode percorrer con facilidade nun día”, explica Carreira. “Seguramente hai varios motivos na orixe das terras medievais. Poden ser de tipo político e administrativo, pero semella que na maioría o referente é de claro matiz xeográfico”.

Que che parece esta nova?
148 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un reino en mapas

Un reino en mapas

Mazarelos ofrece un conxunto de cartografías políticas e económicas da Galicia medieval

A Idade Media en Imaxes

A Idade Media en Imaxes

A mostra Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia permítenos entender o noso Medievo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anselmo López Carreira, Reino de Galicia, Lemos, Ourense

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares