Xa está na rúa o terceiro volume da serie Historias de Galiza. O lanzamento continúa coas colaboracións de Idoia de Luxán Vázquez, Jerónimo Piñeiro de Castro, Juan Luis Pérez, Carlos Alfonso Fernández e Jaime Eizaguirre Santillán nos debuxos sobre guións de Carlos Rafael. Desta volta recóllense unha serie de historias ambientadas no noso paÃs entre os séculos XI e XV nun volume de 128 páxinas a cor. Difusora, a editorial que publica a colección co apoio ata o de agora da Dirección Xeral de Xuventude, manifestou o seu interese por continuar a serie e agarda que as mudanzas de goberno no impliquen a retirada de apoios ao proxecto.