Un volume integral recollerá a etapa de Víctor Rivas en Harry Pórrez

A obra, de 240 páxinas, leva 180 do galego

A serie Harry Pórrez, que saíra publicada por entregas na extinta revista infantil Míster K, será agora compilada nun único volume de 244 páxinas. No mesmo poderán lerse os tres álbums que fixo o galego Víctor Rivas canda ao que debuxara o andaluz Enrique Carlos, nos dous casos con guións de Bernardo Vergara. O volume, que levará capa de Rivas ademais das 180 páxinas da súa produción, será editado por Ediciones El Jueves, con previsión de que estea na rúa para o vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. O formato será semellante ao de cómic book, a toda cor.