
De xeito relativo, a presenza do libro galego no conxunto da edición diminuÃu desde o 92,5% de 2003 a un 79,8% da produción de 2007. Esta situación está relacionada, segundo apuntou Freixanes, co incremento destacado das exportacións da editoras galegas e o medre xeralizado no número de tÃtulos.
Entre outras cuestións, os datos revelan a grande importancia que ten o libro de texto para as editoriais, xa que supón o 33,3% da produción e o 49,6% da facturación, aos que se pode sumar boa parte das obras de Literatura Infantil e Xuvenil editadas no paÃs que tamén se dirixen ao consumo escolar. Sumados, este ámbitos e mais a Literatura supoñen o 78,5% do total publicado. Tamén se verifica a importancia das librarÃas para a difusión das obras editadas no noso paÃs, xa que ata un 55,7% se distribúe en establecementos deste tipo, contando cadeas.