O XV premio Arcebispo Juan de San Clemente xa ten finalistas

Alberto Canal, Inma López Silva e Manuel Lourenzo González compiten nas obras en galego

Poucos días depois da entrega dos premios Arcebispo Juan de San Clemente da pasada edición, xa se coñecen os finalistas de 2009, na que sera a XV entrega. En lingua galega, desta volta compiten Conexión Tubinga de Alberto Canal, Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva e mais O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González. En castelán, optan ao galardón El día de hoy de Alejandro Gándara, La Casa de Dostoievsky de Jorge Edwards e mais Dientes de leche de Ignacio Martínez de Pisón. Finalmente, no ámbito internacional, son candidatos Tren nocturno a Lisboa de Pascal Mercier, Chesil Beach de Ian Mc Ewan e mais El chino de Henning Mankel. Os títulos presentáronse no IES Rosalía de Castro, en Compostela, e foron escolleitos por un comité de profesores. Agora seleccionaranse os catro centros de ensino que, canda ao Rosalía, farán parte do xurado.