Torres, castelos ou fortificacións están espallados por boa parte da xeografía galega. O pasado venres, representantes de catorce concellos que contan con este tipo de elementos patrimoniais reuníronse en Redondela para desenvolver conxuntamente a súa promoción e protección. A proposta, unha asociación supramunicipal, está aínda pendente de elaborar os seus estatutos e concretar a fórmula de colaboración dos municipios. Os promotores agardan que, alén dos que participaron no encontro inicial, outros gobernos locais se sumen e, a medio prazo, agardan fusionar esta iniciativa con outra semellante que xa existe no norte de Portugal.
Xéstase unha asociación de concellos con enclaves históricos
Catorce municipios impulsan esta iniciativa
15 lecturas | Compartido 0 veces
