Ademais dos 315 concellos que temos en Galicia, existe toda unha serie de municipios que funcionan a nivel virtual no noso paÃs. Boa parte das entidades locais están presentes en Internet a través dunhas webs que non sempre cumpren as súas funcións de servizo ao cidadán, centrando os seus contidos na promoción turÃstica. Un estudo realizado por Miguel Valverde desde o Observatorio da Cultura Galega do CCG realiza a primeira análise destes espazos virtuais.
Coa chegada de Internet, unha boa cantidade de concellos puxeron en marcha o seu lugar na rede. Na maior parte dos casos esta presenza traduciuse antes nunha mensaxe promocional para o turismo que en ofrecer novos servizos aos cidadáns. O descoñecemento do medio e a falta de estándares sobre como desenvolver estas aplicacións levou á existencia dunha grande variedade de dominios (predominando o .com e o .org) e de denominación, asà coma a unha dispersión aÃnda maior nos contidos, o deseño e o enfoque destes sitios institucionais. Para tentar ver que funcións cumpren os webs municipais galegos de cara aos cidadáns, o Consello da Cultura, a través do seu Observatorio da Cultura Galega, promoveu un estudo sobre estes espazos virtuais. "Este é o primeiro estudo a fondo que se realiza en Galicia seguindo o modelo doutros q se fan en todo o Estado e tamén en Asturias, e consegue facer unha análise exhaustiva dos webs", sinala Miguel Valverde, autor da análise.
Para o turismo
No momento de realizar o estudo, entre xaneiro e abril de 2004, o corenta e cinco por cento das cámaras municipais tiñan presenza na rede, un total de cento corenta e un. Segundo Miguel Valverde, o autor deste informe, a maior parte destes webs está orientado principalmente cara ao turismo. Deste xeito, e só por detrás da sección "saúda do alcalde" (presente no sesenta por centos dos sitios analizados), o contido máis habitual é a información básica sobre o concello, coa localización xeográfica, a historia e outros datos. En xeral as fotografÃas teñen unha importancia capital nos contidos para a rede, e préstase unha atención destacada ao patrimonio arquitectónico e aos equipamentos turÃsticos e culturais. "Nótase unha forte tendencia a querer facer unha promoción do concello na maiorÃa dos webs, pero apenas se aprecia unha vontade por levar as novas tecnoloxÃas aos cidadáns", sinala Valverde, que apunta no seu informe que, en xeral, a información que proporcionan estes espazos é bastante simple.
Servizos
Dentro dos servizos que ofrecen os webs dos nosos concellos, o máis habitual é información sobre medio ambiente. Segundo o informe, isto responde ao caracter rural de grande parte do territorio galego. A posibilidade de descargar os Plans de Ordenación Urbana é a segunda utilidade que máis se ofrece neste sentido. Servizos relacionados cos transportes, a seguridade cidadá, a vivenda e o tráfico son os seguintes que máis se ofrecen. En canto a idioma, o estudo descobre que algo máis do quince por cento dos sitios analizados non contemplan o galego como idioma, e que é unha cifra semellante a que ofrece a súa información só en galego.
Presenza e poboación
AÃnda que a porcentaxe de municipios que teñen web non é moi elevada comparada con outras zonas do estado semellantes coma Asturias, se temos en conta que o 61% dos concellos teñen menos de cinco mil habitantes, este dato resulta especialmente destacado. Precisamente a distribución de webs municipais correspóndense nunha grande medida coa distribución de poboación, e son deste xeito A Coruña e, sobre todo Pontevedra, as provincias que teñen máis concellos representados na rede. No mesmo sentido, todos os concellos con máis de vinte mil habitantes teñen web oficial, ao igual que trinta e un dos trinta e oito nos que moran entre dez mil e vinte mil persoas.
Problemas
O estudo revela que os sitios en Internet dos concellos "presentan problemas a múltiples niveis", segundo o autor. "A nivel de deseño nótase un desleixo, en canto a contidos o problema mais grave é precisamente a falta de contidos. Excepto os webs das entidades cunha poboación mais elevada, coma as grandes cidades, as demais carecen de información precisa ou rigorosa, ademais ofrécense poucos servizos ao cidadán". Segundo el, a principal causa destes problemas serÃa "unha falta de vontade polÃtica para mellorar neste aspecto. Ademais non se considera necesario aumentar esta presenza electrónica xa que se pensa que os galegos temos pouca conexión á rede e que a xente non ten interese por acceder".
Futuro
Entre as curiosidades que encontrou pola rede ao facer o seu estudo, Miguel Valverde lembra o caso dalgúns concellos que teñen dous sitios na rede. "Boqueixón por exemplo ten dúas páxinas webs municipais, unha moi antiga e outra nova. A primeira non se desactivou". A pesar dos atrancos e dos problemas destes espazos virtuais, o autor do estudo é optimista respecto ao futuro dos concellos na rede. "Hai webs novas de pequenas entidades, nas que se nota non só unha mellora do deseño senón tamén dos contidos. Xa se comeza a dar posibilidade de desenvolver trámites burocráticos a través da rede, pero aÃnda cómpre un esforzo maior neste sentido".