
Se hai unha cousa na que coinciden os tres partidos polÃticos con representación parlamentaria no eido do sector do libro é na necesidade de contarmos cunha nova Lei de Bibliotecas. No demaisÂ… cada quen ten as súas propias propostas
Partido Popular: Declarar o 2010 como ano da lectura
Ignacio López Chaves, número 5 nas listas do Partido Popular pola provincia de Pontevedra explica que o seu partido “xa presentou un texto no Parlamento de Galicia con algunhas das medidas que leva no programa”. Entre elas, destaca que o ano 2010 sexa o ano da lectura en Galicia, con dotacións económicas tanto en cultura como educación. Pero a medida non chega soa, xa que tamén propoñen “a posta en marcha dun fondo social para a lectura que supón dotacións económicas non só nas bibliotecas, senón tamén nas familias con poucos recursos. Dúas medidas que pretenden favorece a industria editorial e ás librarÃas, que teñen dificultades e que deben ser mantidas como centros culturais”.
Canda esta proposta, no seu programa figura que garantirán que todas as cidades de máis de 75.000 habitantes contarán cunha biblioteca estatal; que todas as cidades e vilas de máis de 50.000 habitantes contén con bibliotecas municipais xestionadas ou sostidas pola Xunta de Galicia.
Psdg-PSOE: Elaboración dunha lei, un mapa e un plan de bibliotecas
Francisco Cerviño, número 7 pola Provincia da Coruña apunta que “para nós, a elevación dos Ãndices de lectura é unha das materias pendentes da sociedade galega, xa que as competencias lectoras marcan diferenzas individuais, sociais e territoriais”. Se na pasada lexislatura unha das accións de goberno pasaron pola mellora de bibliotecas escolares, a aprobación da lei do libro e a posta en marcha de AGADIC, agora os “os obxectivos son o incremento dos Ãndices de lectura; a elaboración dunha nova lei de bibliotecas que implique e defina as bibliotecas escolares: e impulsar e planificar (consensuado co sector) a proxección exterior do libro” explica Francisco Cerviño.
No seu programa destaca, alén da lei, a elaboración dun Mapa e un Plan de bibliotecas; o Consorcio galego de bibliotecas públicas; formación para os profesionais bibliotecarios e favorecer a alfabetización dixital da cidadanÃa a través da rede de bibliotecas públicas.
BNG: a Biblioteca Nacional
Xosé Ramón Paz Antón, número 5 do Bloque Nacionalista pola provincia de Pontevedra, explica que, “o que toca primeiramente é o desenvolvemento da Lei do Libro, ademais de continuar na liña xa iniciada da comercialización da industria editorial galega e a súa internacionalización”. En canto a medidas concretas, no programa do BNG figura a aprobación e desenvolvemento da Lei de Bibliotecas. Canda esta, figura a posta en marcha da Biblioteca Nacional de Galicia que “ten como misión reunir, conservar, difundir e facer accesible toda a produción bibliográfica de Galicia e aquela outra relacionada con Galicia aÃnda non producida aquÔ.