Apenas unha semana despois da morte de UxÃo Novoneyra, a cultura conmocionábase coa nova do falecemento de Antón Fraguas, director do Museo do Pobo Galego. Xa vai un ano de todo isto, e a memoria de Fraguas, como a de Novoneyra, hónrase con varios homenaxes.
Dous actos
A familia de Fraguas será a primeira en tributarlle homenaxe coa celebración esta tarde dunha misa na súa memoria na igrexa do Pilar de Santiago á que poderá asistir quen o desexe. Mañá será o Padroado do Museo do Pobo Galego, que Fraguas presidiu desde a súa fundación, quen realice unha ofrenda floral na sepultura de boisaca que alberga os restos do homenaxado. O acto estará presidido por Isaac DÃaz Pardo, actual director do Museo do Pobo.
A figura
Antón Fraguas naceu en 1905 en Cotobade. Xa en 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudios Galegos nas seccións de EtnografÃa, Folclore e XeografÃa. FÃxose mestre en 1933, sendo represaliado e obrigado a abandoar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 voltou á Universidade e obtivo a cátedra de instituto, ademais de facerse director da sección de EtnografÃa e folclore do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. En 1951 pasa a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o asento de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación, e ata a súa morte. En 1984 recibiu a medalla Castelao e no 95 a medalla das Artes e das Letras de Galicia.