A realidade e a literatura son cousas ben diferentes, iso sabémolo todos. Mais é ben posible que moi poucos se teñan parado a analizar como é o mundo que aparece nas nosas letras. A pouco que ollemos, descubriremos que hai unha serie de ámbitos e de temas que teñen dentro dos libros unha presenza moi diferente á do mundo real. A nosa colaboradora MarÃa Xesús Nogueira analiza para nós o imaxinario dos nosos libros.
Hai pouco máis dun ano, celebrábase en Lugo e Mondoñedo o XXIV Galeusca, que reuniu escritores das tres linguas minorizadas do Estado. O eixe do evento era o imaxinario na literatura, o que deu pé á compilación dunha serie de artigos nos que se analizaban, entre outras cuestións, a importancia da literatura popular á hora de achegar temas e conceptos á letra escrita ou as súas variacións entre diferentes etapas das literaturas representadas. A nosa colaboradora MarÃa Xesús Nogueira encargouse, nun breve artigo, de analizar as tendencias neste campo dentro da literatura galega actual. Un eido no que están a se producir mudanzas aceleradas.
Os imaxinarios
“Foi a Asociación de Escritores quen estableceu o tema do Galeusca ese ano. Propuxeron o tema de analizar o imaxinario nas tres culturas, e encargáronme que o estudase na literatura galega actual. Era un ámbito polo que eu xa tiña un certo interese, sobre polo seguimento que vou facendo do que se publica”, explica Nogueira. O encontro deu, obviamente, para interpretacións do máis variado encol deste concepto. “Os enfoques cos que se traballou foron moi diferentes, asà coma o propio concepto de imaxinario. Houbo quen se centrou máis na presenza do imaxinario tradicional. No caso catalán e mais no meu propio artigo, entendémolo no sentido da imaxe que unha cultura ten de si mesma”. Malia a que o encontro só deu para unha primeira aproximación, “lembro que coa literatura vasca si que se viron elementos comúns, coma a necesidade de reescribir a mitoloxÃa ou a propia paisaxe, aquel imaxinario que está máis vencellado á cuestión de identidade”, claro que Nogueira recoñece que cumprirÃa un estudo máis polo miúdo para atopar máis semellanzas.
A tradición anovada
A ollar a evolución das nosas letras, “na literatura galega obsérvase unha tensión entre o imaxinario autóctono e mais a implantación de imaxinarios alleos”, explica Nogueira. Temas coma o mundo rural ou a paisaxe tiveron ocupan aÃnda un volume destacado na produción literaria do paÃs. Canda a isto, “tradicionalmente o marabilloso, sobre todo o vencellado ao saber popular, tivo un grande peso que continúa presente nalgunhas obras. Nese sentido Cunqueiro segue a ser un referente para moitos autores de hoxe. Na actualidade existen outras vÃas de representación da fantasÃa que están menos exploradas, con novelas de xénero coma a ciencia ficción ou a novela fantástica”. Canda a esta constante “continúa habendo unha presenza de elementos coma a historia, a mitoloxÃa clásica ou a materia de Bretaña”, lembra esta investigadora, “pero mesmo ámbitos que estaban moi presentes, coma a Guerra Civil, están a se reescribir desde novos enfoques, en ocasións establecendo un diálogo humorÃstico. Tamén acontece coa revisión da escrita de xénero que fan narradoras e, sobre todo poetas”. O rural ou a paisaxe son outros Ãtems que se están a se ver transformados nos libros.
Novos elementos
Canda á reelaboración, que supón un dos procesos máis evidentes que se están a desenvolver nos últimos anos no imaxinario das letras, aparecen nos nosos libros elementos que ata o de agora estaban ausentes. “Están entrando as novas tecnoloxÃas, poida que non tanto como se poderÃa agardar, pero están xa comezando a ser referencia e comezan a ter o seu propio imaxinario, sobre todo nas obras de autores máis novos”, lembra. Internet coma espazo para acción ou personaxes que veñen do mundo das series televisivas ou dos debuxos animados, son algunhas das novas incorporacións á nosa literatura. “Nas obras máis experimentais atopamos tamén ferramentas coma o blog ou páxinas persoais, ben coma complemento da obra ou como vÃa de publicación”.
Últimas tendencias
A repasar algúns dos tÃtulos máis recentes das nosas letras, Nogueira aventura algunhas posibles tendencias. “Continúase a explorar a historia, pero búscanse sobre todo momentos que non foran aÃnda representados, coma no caso de Festina Lente de Marcos Calveiro. Tamén se vai incorporando ese imaxinario urbano, e pode ser cedo para o dicir, pero semella que van aparecendo obras que plasman un momento xeracional. Falamos de xente que ten agora vinte e pico ou trinta anos, habitantes de vilas e cidades, con realidades laborais e problemas moi concretos e universos de referencia común. Penso por exemplo en L´Affiche Rouge de Mario Regueira ou de Tres segundos de memoria de Diego Ameixeiras.