Galicia é cinematografía convidada no Fantasporto

A representación galega está conformada por 6 longametraxes de 10 curtas

3/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
24 lecturas | Compartido 0 veces
O Fasntasporto, o festival de cine fantástico de Porto, é unha cita habitual para as producións do país. Pero este ano (do 20 ao 28 de febreiro) a súa presenza vai ser máis destacada xa que o audiovisual galego foi escollido como cinematografía convidada. Seis longametraxes e dez curtas realizadas nos dous últimos anos conforman a escolma galega elaborada pola Axencia Audiovisual Galega e o Festival de Cine Independente de Ourense. Candas as proxeccións, haberá actividades paralelas que van desde mesas redondas sobre o audiovisual galego-portugués, o papel das coproducións e os festivais na promoción do cinema para o gran público.
As longametraxes escollidas son: Pradolongo de Ignacio Vilar Rafael, de Xavier Bermúdez, O espírito do Bosque, de David Rubín e Juan Carlos Pena, secuela de O bosque animado Eloxio da distancia de Felipe Vega Pedro e o Capitán, de Pablo Iglesias, que adapta un relato homónimo de Mario Benedetti A noite que deixou de chover, ópera prima de Alfonso Zarauza A programación complétase con dez curtametraxes galegas: A flor máis grande do mundo de Juan Pablo Etcheverry A meiga chuchona, de Pablo Millán 12007 de Diego Torres A revolta dos mousses de David Gen Auga de Xosé Antón Perozo Cousas do Kulechov de Susana Rei O cerco, de Martiño Vazquez Baño O hospital de Iván Seoane O pintor dos ceos, de Jorge Morais Santiago de Sangue de Francisco Calvelo

Universo culturagalega.gal