A Real Filharmonía, a escola Aulos e a Orquestra de Estudios, en concerto

De forma

O final de ano vén cargado de eventos musicais. Uns para pechar a temporada, outros para presentarse e outros para celebrar un aniversario. Cada quen no seu propio estilo e para todos os gustos. E empezamos en Santiago, onde se vai a presentar a Orquestra da Escola de Altos Estudios Musicais no seu concerto debut que está contemplado dentro do seu programa de formación. Seguimos en Lugo, onde a escola de música "Aulos" celebra os seus vinte anos de existencia cun festival de canto no que participan alumnos e profesores. Completa este panorama da cultura, a Real Filharmonía de Galicia que pecha cun concerto en Vigo a temprada de música clásica baixo a batuta de Antoni Ros Marbá.

Concerto presentación


Esta noite, ás 21:00 horas os alumnos da recén creada Orquesta da Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia (a EAEM) farán a súa presentación en sociedade. E vano facer cun programa de Mozart, Britten e Haydn, que foi preparadao nun encontro docente celebrado do 6 ó 9 de decemebro no Castelo de Soitomaior (en Pontevedra). Con esta actuación, a EAEM pretende ofrecer ó público un primeiro achegamento co obxectivo desta escola. Logo, desta primeira actuaión, oa orquetra levará a cabo dúas máis nos meses de febreiro e de abril. De feito, as actuacións públicas forman parte do plan de estudios e do programa educativo da Escolar como complemento da súa formación teórica e práctica impartida.
A EAEM depende da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e está xestionado polo Insituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.





Aulos cumpre 20 anos



Desde hai vinte anos a formación musical da cidade de Lugo está vencellada a un nome. Trátase de "Aulos", a esocla de música que pretende celebrar as dúas décadas de actividade cun festival de canto. Neste sentido, o que se pretente facer é acoller unha celebración que comprenda as especialidade de lírico, clásico e moderno.
E neste concerto, que terá unha duración de hora e media, pretende xuntar a alumnos e a profesores e dar unha visión xeral do nivel e dos cursos que se imparten.
Desde 1981, Aulos non só ampliou o seu número de alumnos, senón que ademais, ofrece tamén un número máis variado de estilos e instrumentos. De feito, o seu cometido de converterse nunha alternativa ós estudios regrados ofrecidos polo conservatorio.




A Filharmonía pecha o ano


A Real Filharmonía de Galicia pecha en Vigo o seu ano musical. Faino cun concerto no teatro-sala de concertos do Centro Caixanova, baixo a dirección de Antoni Ros Marbá. Cun programa musical acompañado polo pianista Rudolph Buchbinder, a Filharmonía pretende poñer fin a unha temporada de abono que estivo marcada polo feito de estar baixo a batuta de Antoni Ros Marbá, quen foi premio da música pola Generalitat de Catalunya. Un director que se puxo á fronte da Filharmonía con Herbert von karajan en Berlin coa Orquetra Filharmónica. Como director de óipera destacan os seus éxitos nas obras de Mozart. Puccini, Wagner, Haendel e Weber.