Falece Manoel Riveiro Loureiro

O escritor tiña 75 anos

O escritor Manoel Riveiro Loureiro, autor de obras coma O Pasamento ou Xullo-Agosto, faleceu esta mañá na Coruña. Riveiro, de 75 anos, precipitouse desde a fiestra do seu domicilio e os servizos de urxencia que se deprazaron ao lugar non puideron facer nada pola súa vida.