Non cabe dúbida de que a nivel ambiental o ano que remata estivo marcado pola aprobación da Lei de Residuos e mais pola da Paisaxe. A outro nivel, destacou a continua coordinación de diferentes iniciativas sociais de carácter local na rede Galiza non se vende. Non entanto, e salvo emerxencias, semella que para o ano están chamados a ser tendencia neste ámbito a ampliación da rede de parques naturais, materia que deixa pendente a ConsellarÃa, e mais as previsibles polémicas derivadas da aprobación do plan eólico entre outras cuestións.
Para comezar, en 2009 vanse deixar sentir os ecos de diferentes iniciativas legais que comezaron no ano que remata. Deste xeito, a Lei de Residuos de 2008 vai comezar a deixar sentir as súas propostas. Por exemplo, a prevista instalación dunha planta de tratamento para o lixo do Sur do PaÃs está a provocar as primeiras polémicas. Os indicios que a sitúan no Ribeiro ergueron xa unha ampla oposición popular, e o xeito en que se desenvolva finalmente o proxecto determinará ata que punto se converte esta cuestión nun dos focos ambientais do vindeiro ano.
Máis espazos
Tirada a Lei de Residuos, a grande materia pendente no campo ambiental a nivel lexislativo é a varias veces anunciada ampliación da rede de parques naturais galegos. Esta iniciativa, que prevé tamén a construción dun centro temático en Ourense, vai ir acompañada de todo un despregue de medidas que pretende mellorar a vida das poboacións que se atopen instaladas dentro destes espazos. Investimentos en infraestruturas, facilidades nas comunicacións e a aposta por xeitos de desenvolvemento sustentable que aproveiten os bens naturais coma un recurso económico buscan garantir a colaboración dos habitantes humanos dos parques, imprescindibles para garantir a preservación dos mesmos. Está por ver ata que punto estes programas de concienciación funcionan e, ao tempo que evitan protestas logran unha maior conciencia ambiental nestas zonas. Máis concretamente, os que teñen máis avanzada a súa tramitación son as declaracións coma parques naturais dos Ancares, o Caurel e mais o Xurés. A estes está previsto que se sume o Macizo Central ourensán, o parque de Enciña da Lastras e mais unha ampliación das áreas protexidas en Corrubedo e do Xurés.
A outros niveis, é de agardar que en 2009 se concrete o traspaso da Illa de Tambo ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia na que serÃa a primeira ampliación deste espazo. O propio parque ten pendente o seu desenvolvemento e mais a posta en marcha da súa sede. Por outra banda, tamén está pendente o proxecto de ampliación da Rede Natura ata o 18% do noso territorio, tal e como se anunciou nesta lexislativa. Malia a que aÃnda queda moito traballo pendente neste sentido, a existencia dun prazo imposto por Europa para cumprir cun mÃnimo de superficie protexida promete movementos neste campo a curto prazo. Entre as propostas máis definidas para este incremento están diferentes cuncas fluviais, o Miño e un bo feixe de superficie mariña, que ata o de agora estaba pouco representada na Rede.
Auga e vento
Do mesmo xeito que a aprobación do plan acuÃcola deu xa ao longo de 2008 en diferentes mobilizacións contra a instalación de piscifactorÃas nas nosas costas, é de prever que ao longo do vindeiro ano continúen as protestas neste sentido segundo se vaian concretando novos proxectos de explotación acuÃcola. De xeito semellante, nos vindeiros meses veremos multiplicarse as mobilizacións contra os diferentes proxectos de centrais eólicas que se derivarán do recén aprobado reparto de megavatios. Visto desde o punto de vista puramente enerxético é de agardar que con esta iniciativa diminúa a nosa dependencia de combustibles fósiles.
Os rÃos
Unha das propostas que despegou con máis forza este ano foi o Proxecto RÃos de ADEGA. Os informes sobre a saúde dos nosos cursos fluviais que desenvolve esta rede de observadores está a se consolidar ano a ano coma unha referencia ambiental no paÃs. A maiores, o incremento de actividades, con campamentos e certames, prometen que de cara a 2009 os nosos rÃos incrementen o seu protagonismo. Cando menos de se manter o apoio institucional que, en boa medida, está a favorecer o despegue desta iniciativa.
A fauna
Unha cuestión que está a arreciar nos últimos meses a nivel ambiental é a problemática dos ataques de lobos a gando. Malia a que é habitual que estes feitos se incrementen a coincidir co outono e co descenso de alimento no monte, semella que a mellora xeral desta especie no paÃs vai deparar, se non muda a tendencia e non se adoptan novas medidas, nun incremento deste tipo de feitos. Fica pendente de se desenvolver na práctica o Plan de Xestión do Lobo, que prevé conservar 68 mandas deste animais no paÃs e que acompaña as medidas proteccionistas cun sistema de axudas para os gandeiros. Alén dos lobos (e dos cans salvaxes que moitas veces se confunden con eles) é ben posible que continúen as novas sobre a presenza esporádica de osos nos nosos montes orientais. A falar doutros animais, están pendentes de se desenvolver os plans de conservación para as diferentes especies incluÃdas no Catálogo de Especies Ameazadas.
Paisaxe e vÃas
É de prever tamén que, logo dos penedos de Traba e do val do RÃo Navea, se incremente o número de espazos coa consideración de Paisaxes Naturais Protexidas, unha categorÃa habilitada aÃnda no pasado mes de xullo pola Lei da Paisaxe e que aÃnda ten pendente o seu desenvolvemento práctico.
Ao abeiro deste mesmo texto legal é de agardar que atopemos novas polémicas sobre actuacións urbanÃsticas polémica, aÃnda que posiblemente nunha menor medida do que nos últimos anos por mor da crise económica e do descenso na actividade inmobiliaria. AÃnda asÃ, grandes obras viarias coma a das vÃas do AVE, a autovÃa Lugo-Ourense ou plan Vigo Integra prometen erguer polémicas. Nese sentido podemos agardar a continuidade nas protestas da plataforma Galiza non se vende, xa ante problemáticas puntuais xa ante cuestións menos especÃficas.
Cambio climático e sustentabilidade
Un tema clásico que ha seguir candente ao longo de 2009. Para comezar, o ano arrinca coa exposición pública do Plan Galego de Acción fronte ao cambio climático. Este ambicioso programa, estruturado en catro eixes, quere diminuÃr o noso impacto ambiental e diminuÃr os efectos deste fenómeno no paÃs. De xeito paralelo ás diferentes verificacións que irán xurdindo sobre a realidade e a urxencia desta problemática, agárdase que continúe a súa andaina o proxecto Climántica. Esta iniciativa da ConsellarÃa de Medio Ambiente para concienciar os escolares galegos sobre a cuestión conseguiu no último ano unha destacada proxección internacional. O desenvolvemento dos Núcleos de Desenvolvemento Sustentable, que se ampliaron aÃnda este mesmo mes de decembro a 18 espazos por todo o paÃs e outro dos retos pendentes.
Dun xeito ou doutro, boa parte das cuestións que aquà presentamos, especialmente aquelas que se refiren a desenvolvementos lexislativos ou regulamentares veranse influÃdas polas vindeiras eleccións autonómicas de marzo. Para alén, está claro que as cuestións ambientais han ser un eixe destacado nas polÃticas públicas do vindeiro goberno e é que, como se pode ver, só en cuestións pendentes hai abondo traballo.