Un centro estudará e difundirá a historia do aceite de oliva en Galicia

A principios de 2009 recollerase o primeiro aceite galego industrial

Galicia foi unha potencia na produción de aceite entre os séculos XVII e XIX. Pero foi a principios do vinte cando unha decisión política, un gravame no imposto do aceite, que desterrou estas plantacións do país. Mantívose de xeito artesanal, para autoconsumo, en Quiroga e desde hai varios anos promóvese a súa recuperación pero de xeito industrial. No marco do proxecto “Castaña, setas e olivos”, financiado con cargo aos fondos Interreg III, desenvólvese unha iniciativa que permitirá que a principios de 2009 se recolla o primeiro aceite galego producido de xeito industrial (preteéndese que se fabriquen 60.000 litros no marco de tres anos). Ademais, para estudar a súa historia, investigar as variedades de aceite e ver cal se adapta mellor a Galicia abriu esta fin de semana o Centro de Interpretación do Olivo de Vilardevós.