Xorden novas iniciativas de recuperación do patrimonio

Realizando lembranzas

Facer de novo realidade o que apenas ficaba como lembranza. Varias son as iniciativas que se puxeronen marcha desde esta idea para recuperar vellos oficios, construccións ou camiños. Así, o Concello de Quiroga recuperará a fabricación artesanal do aceite de oliva como se facía antano. Pola súa banda, Rairiz de Veiga porá en marcha un plan de recuperación patrimonial que afectará a varias construccións destacadas, e o Consorcio de Concellos do Camiño Inglés a Santiago tentará potenciar esta ruta.


Aceite de oliva




Quiroga é practicamente o único lugar de Galicia onde se conserva o cultivo da oliveira. Aínda existe algunha instalación para fabricar o aceita, como a de Guillermo Nogueira, que ten unha alta demanda. Agora, o concello e varias iniciativas privadas pretenden recuperar a producción artesanal de calidade deste producto, para cubrir a alta demanda existente. Desde a iniciativa privada, Bodegas Val de Quiroga obterá este ano a súa primeira colleita de olivas, mentres varios particulares están a recuperar a producción para autoconsumo. Desde o Concello púxose en marcha unha Festa do Aceite que tivo a súa primeira edición o pasado 24 de febreiro. Con esta iniciativa preténdese potenciar tanto o producrto como atraer o turismo que se intersa pola artesanía. O aceite de Quiroga ten un sabor amargo que o fai ideal para aliñar os grelos e o polbo, ademais de, segundo os seus productores, posuír propiedades mediciñais para o colesterol ou estómago.












Fábricas



O Concello de Rairiz de Veiga recuperará unha forxa, un muíño, un forno e dúas telleiras que integrarán un complexo etnográfico. Ademais, crearase un centro de interpretación na rectoral de Congostro onde se explicarán as actividades que se realizaban tradicionalmente nesas instalacións. Con este plan preténdese fomentar o coñecemento da historia industrial do municipio ademais de recuperar vellos oficios e dar a coñecer a riqueza ambiental da zona. Para atraer o turismo prevense desenvolver demostracións en vivo das actividades que ser realizban en cada un destes lugares e pór en marcha varias casas de turismo rural. As edificiacións foron cedidas ó concello polos seus propietarios durante vintecinco anos a cambio da súa rehabilitación, que se realizará con fondos da Unión Europea.




Camiño Inglés


O recentemente creado Consorcio de Concellos do Camiño Inglés a Santiago, que se presentará oficialmente hoxe na xuntanza que manterán co Conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela. O Consorcio, composto por catorce concellos, pretende conseguir infraestructuras para os pelegríns que empregan esta ruta. Na xuntanza de hoxe, soliciatarán da Consellería investimentos na sinalización e na construcción de fontes e de áreas de descanso no camiño. Pola súa banda, a Asociación Lucense de Amigos do Camiño de Santiago solicitará que a ruta sexa recoñecida como de Interese Cultural e que se unifiquen as acreditacións para os pelegríns. Ademais, a asociación reivindicou onte o recoñecemento oficial dunha ruta que transcorre pola Ribeira Sacra.