Todo preparado para o Festival de Cinema Galego de Nova York

O evento mestura audiovisual e gastronomía a partir do vindeiro 19 de xuño

16/6/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cartel do Galician Cinema Festival

A integrar audiovisual e gastronomía, o vindeiro venres 19 de xuño bota a andar o Galician Cinema Festival de Nova York. O proxecto pretende da a coñecer o traballo das empresas galegas da sétima arte en Estados Unidos. O programa inclúe unha presentación dos Premios Mestre Mateo e mais unha proxección do filme Os fenómenos de Alfonso Zarauza. Ademais, realizarase unha degustación de produtos galegos centrada especialmente en viño, cervexa, conservas e aceite.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Nova York, Gastronomía, Alfonso Zarauza...

Claves

Protagonistas
Conceptos