Compostela acolle a estrea de Encallados

A comedia retrata o propio sector audiovisual galego

11/6/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha ollada desde a comedia ao sector audiovisual galego a partir da tentativa de elaborar un filme sobre o Prestige. O Salón Teatro de Compostela acolle o vindeiro venres a estrea de Encallados, un filme de Alfonso Zarauza rodado en branco e negro con película de 16 mm. Xulio Abonjo no papel de Alfonso, Federico Pérez como Pato, Ricardo de Barreiro a interpretar a Andy e Farruco Castromán como Farruco protagonizan o proxecto, que xa foi galardoado en tres categorías na última edición dos Premios Mestre Mateo. O filme proxectarase en dúas sesións dobres o vindeiro venres 13, ás 19.00 e ás 22.00 horas, e sábado 14, ás 20.00 e ás 22.00 horas. Para o dez de xullo está prevista unha proxección no Teatro Colón da Coruña coa presenza dos actores música en directo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comedia, Teatro, Federico Pérez, Alfonso Zarauza...