A Semana do Cine Galego da Coruña prepara o ambiente dos Premios Mestre Mateo

Celebrarase do 6 ao 9 de febreiro coas candidatas a mellor película

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel da Semana do Cinema Galego

Cartel da Semana do Cinema Galego

O Teatro Colón, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, exhibirá do 6 ao 9 de febreiro os cinco filmes candidatos aos Premios Mestre Mateo. A proxección chega acompañada de extras. Previamente, proxectarase unha curtametraxe previa do realizador que permite coñecer máis a fondo a súa obra. Ao remate, haberá un coloquio con convidados e expertos. As sesións comezan con O que arde, de Oliver Laxe, o xoves 6 ás 20 horas, e seguen con Longa noite, de Eloy Enciso (venres 7), o sábado a sesión será doble. ás 19 horas será a quenda de Eroski Paraíso, de Xesús Ron e Jorge Coira, e ás 22 horas Quien a hierro mata, de Paco Plaza. O domingo, ás 20 horas, será a última proxección: Feedback, de Pedro C. Alonso.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Mestre Mateo, Cine, Eloy Enciso, Paco Plaza...