Cultura destina un millón para atallar o deterioro das Ermidas

As obras desenvolveranse no 2012 con cargo a Fondos Féder

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cultura destina un millón para atallar o deterioro das Ermidas

As filtracións de auga así como o paso do tempo estaban a xogar unha mala pasada sobre o complexo das Ermidas no concello do Bolo (Ourense), un dos máis populares de Galicia. A Consellaría de Cultura e Turismo acaba de anunciar un investimento dun millón de euros (procedentes de Fóndos Féder) sobre o núcleo que permitirá a recuperación do Vía Crucis Barroco (século XVIII), a rehabilitación da imaxinería relixiosa, a recuperación dun muíño de aceite, actuacións sobre a consolidación das murallas para evitar o seu deterioro e a mellora da sinalización. As melloras, que se realizan en paralelo ás obras do Castelo do Bolo e da súa contorna, executaranse no 2012.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barroco, Turismo, Castelo, Ourense

Claves

Lugares