
É certo que se pode facer un continuum entre a cultura castrexa e a época altomedieval apunta Mato. Pártese dunha época que é caracterizada por un tipo de edificación que son os castros, uns asentamentos que son os que nos quedan e do que aínda non sabemos moito. Chegan os romanos, son os que lle dan unidade a este territorio por medio dunhas vías de comunicación. Nomean a isto como a provincia de Gallaecia. A súa presenza, unida aos suevos, vándalos e alanos que se incorporan con posterioridade vai conformando a identidade de Gallaecia. Pero logo chegan uns monxes que van ser outra achega importante no sentido típico. Pásase dunha Galicia non pagana a unha cristiá e ese territorio, na última etapa, na altomedieval, vaise consolidar moito máis porque as elites desa época comezan a fundar os mosteiros. E aquí comeza o poder da igrexa.
O fogar de Breogán: A Galicia dos castros. Fito: O castro de Santa Tegra
Santa Tegra é un dos depósitos castrexos máis visitados e coñecidos de Galicia. Datado entre o século II antes de Cristo e o II despois de cristo. Está situado no monte na desembocadura do Miño, Santa Tegra foi escavado desde primeiros de século. é un castro moi avanzado, é da romanización e está aí porque é o castro máis lucido de toda Galicia, que non quere dicir que sexa o máis estudado.
Romanización e latinización. Fito: as murallas de Lugo
A chegada dos romanos a Galicia, é un feito moi coñecido por todos. A implantación das vías de comunicación (en estudo aínda a día hoxe), o numeroso patrimonio relixioso e, a muralla de Lugo son algunhas das pegadas máis visibles deste feito. A muralla foi construída entre finais do século III e principios do IV, comezo do baixo imperio romano. Declaradas patrimonio da Humanidade no ano 2000 pola Unesco, hermanada coa muralla chinesa tres anos despois, ten a honra de ser a única fortificación defensiva conservada na súa totalidade.
Galicia Sueva. O fito: Martiño de Dumio
San Martiño de Dumio foi un apóstolo peregrino. Era húngaro, de onde partiu a Palestina, Roma e a Tours. Nesta última localidade atopa unha embaixada de Teodomiro, rei dos Suevos de Galicia, que buscaba unha receita para curar ao fillo do rei. É por ese feito polo que San Martiño se une a eles e chega ata Galicia para curar ao fillo do rei. Consigue salvalo da súa doenza, ademais de converter ao catolicismo a Teodomiro e todo o reino dos suevos. Fundou o mosteiro de Dumio e iniciou a xerarquía eclesiástica galego-portuguesa.
A floración dos mosteiros. Fito: San Rosendo
Nesta época ten moito valor a introdución do cristianismo apunta Alfonso Mato que asegura que en San Rosendo se xuntan dous feitos: un alto cargo da igrexa e ser membro dunha das familias máis potentes de Galicia. É a expresión do que foi no país a alta nobreza.
Sobriño do Bispo de Mondoñedo, Rosendo (907-977) foi cara esta parroquia a formarse nas ciencias eclesiásticas. Aínda que hai outras versións da súa historia, din que tamén estudou en Caaveiro. Sucedeu ao seu tío en Mondoñedo, á fronte desta diocese iniciou unha campaña de recuperación de fieis e de bens. Noa no 934 sufriu unha revelación pola que fundou o misterio en Vilar, que acabaría sendo San Salvador de Celanova. Ordoño III nomeouno virrei de Galicia.



